Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O tenente de alcalde de San Xoán de Río cobra 400 euros e non vai nunca ao concello

Imprimir ppou - 09-Septembro-2010 - 12:19:43 

San Xoán de Río, 9 de setembro de 2010.- O voceiro do grupo municipal do PP en San Xoán de Río, Gerardo Rodríguez, afirma que o tenente de alcalde, do BNG, ten unha dedicación parcial pola que cobra 400 euros ao mes "e, sen embargo, nunca acude ao concello". Esta actitude, que o voceiro popular cualifica de "irresponsable abandono do concello" e de "tomadura de pelo e engano aos veciños", acentúase co feito de que o alcalde leva dos anos sen convocar un pleno ordinario. "Pola contra, celebrou 13 plenos extraordinarios en 2009, e terá que explicar por qué prefire facer plenos extraordinarios en lugar dos ordinarios, como fan todos os concellos".


Esta situación de deixadez no Concello de San Xoán de Río é coñecida xa por todos os veciños, "que se senten defraudados por un goberno bipartito de PSOE e BNG porque nin se comunican entre eles nin resolven os problemas e necesidades dos veciños".       

Entre os temas de mala xestión que leva a cabo o bipartito en San Xoán de Río, Gerardo Rodríguez cita a nefasta execución das obras do cemiterio por parte do alcalde, sinalando que o proxecto técnico foi redactado por un enxeñeiro agrónomo e que a obra foi certificada con moitas irregularidades.   

"Na documentación do pleno vemos que existe un oco con catro nichos, cando en realidade solo collen tres; hai pouca obra, e modifícase o proxecto a gusto do alcalde sen levalo a pleno", explica o voceiro popular. A estes feitos engádese a compra dunha finca por importe de 24.000 € e sen cargas, pero logo mercouse outra, por valor de 3.000 €, e, o final, hai pasos de auga de regadío e pasos de entrada para outras fincas".   

Tamén afirma Gerardo Rodríguez que o concello investiu moitos cartos en facer unha piscina, con cargo a dous plans provinciais, un autonómico e un central. "Tantos cartos, e case non se aprecia a obra, só se fixo a plataforma do fondo do vaso da piscina, construído a un nivel non axeitado, e unha caseta para a depuradora", e pregúntase se estas son as mellores que se merecen os veciños de San Xoán de Río.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: