Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Rosendo Fernández visita a Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Morea

Imprimir ppou - 27-Xullo-2010 - 10:11:00 


O candidato á Alcaldía de Ourense polo Partido Popular, Rosendo Fernández, acompañado polo parlamentario Miguel Santalices, visitou a sede da Asociación de Familiares e Enfermos Mentais "Morea", onde se reuníu coa súa presidenta, Ángeles Fernández, e demais membros da directiva, para coñecer polo miúdo as necesidades deste importante colectivo. Entre os temas que se trataron na xuntanza figuraron as leis de Dependencia e de Grandes Dependentes; a necesidade dunha maior implicación cidadá e institucional coa problemática dos enfermos mentais, e tamén se analizou en detalle a labor que Morea ven desenvolvendo en Ourense dende a súa creación, así como os proxectos de futuro que van levar a cabo na nova sede de Morea, ubicada na rúa Ramón Puga.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: