Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP DE ENTRIMO DENUNCIA A INSALUBRIDADE E O ABANDONO DE CONTORNOS NATURAIS

Imprimir ppou - 26-Xullo-2010 - 10:50:42 

Entrimo, 26 de xullo de 2010.- A portavoz do Partido Popular en Entrimo, Palma Ferreira, afirma que son "reiteradas e masivas" as queixas dos veciños de Entrimo polo lamentable estado de abandono en que se atopan camiños, corgos, pozas, tanques onde o máis perigoso é o estado de insalubridade da auga. "A única explicación que da o alcalde a todo isto é que non ten diñeiro para contratar xente que limpe", explica Palma Ferreira.    

A portavoz popular de Entrimo realizou xestións ante a Consellería de Medio Rural e O Parque do Xurés para que se acometan labores de acondicionamento, así como para que se limpen as fontes, logrando coa súa iniciativa que algúns dos contornos que se atopaban en peor situación puidesen ser mellorados. "Isto demostra que cando hai boa vontade e ganas de facer cousas polos veciños, é posible facelas, aínda que non haxa moitos cartos", afirma Palma Ferreira, e engade que para o Partido Popular o benestar dos veciños "é unha prioridade, e por elo poñemos os medios que temos ao noso alcance para tentar arranxar as necesidades".

   Palma Ferreira presentoulle tamén un escrito ao director do Parque do Xurés comunicándolle as necesidades que ten o municipio de Entrimo, "porque non debemos esquecer que somos reserva da biosfera, e hai que loitar para que estes pobos da Baixa Limia manteñan a súa beleza e esperten a atención dos turistas. Por esa razón preocupámonos por manter Entrimo limpo, e non poñemos desculpas de falta de diñeiro, como fai o alcalde", conclúe Palma Ferreira.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: