Noticias
Blog
Manuel Baltar destaca o excelente estado de forma do PP de Ourense para afrontar ás Municipais de 2011
O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, destacou nun encontro cos xornalistas "o excelente estado de forma" que ten o PP de Ourense, "o que nos permite afrontar con plenas garantías o traballo cara ás eleccións municipais de 2011". Na xuntanza cos medios de comunicación, na que tamén participou o secretario provincial do partido e candidato Popular á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, o presidente provincial falou da actualidade política e avaliou "moi positivamente" os seis primeiros meses de xestión á fronte do PP de Ourense.
Manuel Baltar salientou que o partido conta con "máis de 2.100 novos afiliados" dende a súa vitoria no conclave popular provincial do pasado 30 de xaneiro. Sinalou que se trata dun "éxito sen precedentes" porque "a media diaria é de máis de doce novos afiliados". Asimesmo, destacou que o incremento da militancia é do "8% en tan só seis meses" cun "goteo constante" de persoas que se mostran atraídas por este proxecto político. "É un motivo de satisfacción pero tamén nos enche de responsabilidade para responder ás expectativas depositadas na dirección provincial", afirmou Baltar.
Pola súa banda, Rosendo Fernández falou en clave municipal referíndose ás necesidades e proxectos que necesita desenvolver a cidade de Ourense. Neste senso dixo que o goberno Popular que prevé liderar tralas eleccións municipais "levará a cabo a segunda gran transformación que necesita a nosa cidade, que permitirá dotala de mellores infraestruturas sanitarias, de comunicación e servizos, para que a capital Ourensá acade o grao de benestar que demandan os nosos veciños, e que para rachar coas liortas que protagonizaron PSOE e BNG, que non fixeron máis que paralizar a xestión municipal, sen ofrecer resultados".
O emprego, os parques empresariais, a competitividade de comerciantes, autónomos e empresarios, os xóvenes e os maiores, xunto co termalismo son temas que Rosendo Fernández considera "imprescindible abordar con seriedade e responsabilidade, para que, dunha vez, os nosos veciños sintan que se fan as cousas pensando neles, tratándoos como persoas e non como un voto que se mete na urna".