Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Roberto Bermúdez decide apoiar a Javier Dorado para a Presidencia de NNXX de Galicia

Imprimir ppou - 20-Xullo-2010 - 21:05:33 

Ourense, 20 de xullo de 2010.- Roberto Bermúdez, candidato á Presidencia de Novas Xeracións do PP de Galicia, apoiará a Javier Dorado para a Presidencia de NNXX de Galicia, renunciando así a presentar a súa candidatura, co obxectivo de que, tralo congreso, "a organización saia fortalecida, unida e preparada para afrontar os retos electorais do partido no futuro", afirmou.

 

Bermúdez tomou a decisión de renunciar a optar á Presidencia logo da reunión que ambos mantiveron a pasada semana e na que se expuxeron os seus proxectos e modelos organizativos e de xestión para Novas Xeracións de Galicia.


Roberto Bermúdez afirma que a decisión ven motivada polo convencemento de que o programa que presenta Javier Dorado "é coherente coas ideas e o plantexamento que o meu equipo e máis eu tiñamos para NNXX nos próximos anos", e engade que o máis importante "e que todos imos traballar unidos por un mesmo obxectivo, aunando esforzos e sumando ideas e proxectos, como só sabe facer o Partido Popular".


Bermúdez afirma que dende este instante ponse a disposición de Javier Dorado "co fin de que, tralo congreso, Novas Xeracións de Galicia siga crecendo e contribuíndo a facer máis grande ao Partido Popular".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: