Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP apoia á asociación de veciños denunciada polo alcalde de Carballeda de Avia

Imprimir ppou - 14-Xullo-2010 - 16:55:58 

Carballeda de Avia, 14 de xullo de 2010.- O portavoz municipal e presidente local do Partido Popular en Carballeda de Avia, Lorenzo González Rodríguez, quere facer publica a súa total repulsa "ante o comportamento de ameazas e de instauramento do terror que o alcalde, Luís Milia, esta levando a cabo entre os nosos veciños do concello", en relación ás denuncias que o rexedor interpuxo contra a Asociación de Veciños de Abelenda das Penas por mor dunha carta que se repartiu o pasado domingo no pobo.

Dita carta, que contiña información sobre as recentes actuacións do alcalde respecto da traída de auga veciñal, ademais dunhas reprobables ameazas á persoa do alcalde, "fíxose e repartiuse de maneira anónima, polo que non é normal que o alcalde decidise denunciar a esta asociación sen antes investigar a verdadeira autoría desa misiva", explica Lorenzo González.
 
O portavoz Popular afirma que o PP "rexeita de pleno as ameazas que se reflicten na carta informativa á persoa do alcalde, pero tamén está en contra de que se denunciase a unha Asociación que o único que fai é defender os seus intereses ante o que consideran unha violación dos seus dereitos, respecto das intencións que ten a corporación municipal respecto da traída de auga veciñal que consideran da súa propiedade".
 
Lorenzo González considera que este comportamento só persegue meter medo aos responsables da asociación para que se boten atrás na súa idea de seguir defendendo os lexítimos intereses dos conveciños de Abelenda. "No PP estamos convencidos de que os nosos veciños non sucumbirán ante tales ameazas, e confiamos que serán capaces de demostrar a súa inocencia e seguirán adiante coa súa reivindicación. Por elo, esiximos ao alcalde que retire inmediatamente esta denuncia á Asociación de Veciños de Abelenda das Penas e que se centre en investigar na procura dos verdadeiros autores desa carta, e logo actuar en consecuencia".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: