Noticias
Blog
Máis de 200 xóvenes celebran en Chandrexa de Queixa a II Romaría de NNXX da provincia de Ourense
Máis de 200 xóvenes de NNXX do Partido Popular de Ourense reuníronse o pasado fin de semana no Concello de Chandrexa de Queixa para celebrar a II Romaría de Novas Xeracións da provincia de Ourense.Foi un encontro xuvenil no que os participantes disfrutaron dunhas xornadas de lecer, complementadas con seminarios e relatorios, enfocados cara o asociacionismo xuvenil, a universidade e o emprego en Ourense.
Os 200 participantes tiveron na tarde noite do venres a xornada destinada a festa, unha churrascada aderezada con diversas actuacións (maxia e humor, un cantautor, un grupo musical e un DJ). A maña do sábado dedicouse á realización de diversas actividades deportivas e relatorios, rematando a romaría cun xantar popular.








