Noticias
Blog
Roberto Bermúdez presenta a súa candidatura para presidir NNXX de Galicia
Roberto Bermúdez Piedra, afiliado de NNXX do PP de Ourense, presentou na sede do Partido Popular de Galicia, en Santiago, a súa candidatura para a Presidencia de Novas Xeracións do PP de Galicia, elección que terá lugar no marco do VIII Congreso de NNXX de Galicia. Días antes, a Xunta Directiva Provincial de Novas Xeracións do PP de Ourense propuxo a candidatura de Roberto Bermúdez para o devandito Congreso de Novas Xeracións de Galicia, no que se elixirá o presidente e o equipo que dirixirá esta organización nos próximos anos. A reunión da Xunta Directiva estivo presidida por Roberto A. Toro, e á mesma asistíu o secretario provincial do PP de Ourense, Rosendo Fernández.








