Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os veciños do casco vello de O Barco trasladan a Moisés Blanco as necesidades e deficiencias do barrio

Imprimir ppou - 06-Xullo-2010 - 16:01:14 

O Barco de Valdeorras, 6 de xullo de 2010.- Tal e como prometera fai dous días na celebración do Congreso Local, o novo presidente do PP de O Barco e portavoz Popular neste concello, Moisés Blanco, iniciou a campaña de recollida de propostas que levará a cabo en todos os barrios e núcleos rurais do Barco.  A súa primeira visita foi ao Casco Vello, na tarde do luns, onde Moisés Blanco e varios membros do seu novo equipo recolleron as inquedanzas e suxestións dos veciños e veciñas de este barrio tan emblemático.

Entre as deficiencias que lle trasladaron os veciños figuran a suciedade e a pouca limpeza das rúas do casco vello, coa presenza case que diaria de excrementos de animais; a escasa iluminación, e o deterioro e o avellentamento progresivo de varias vivendas e zonas do casco. Tamén lle pediron solucións a unha das principais demandas dos residentes e os donos de locais comerciais como é a necesidade de poder seguir aparcando na rúa Real e a regulación do tráfico.
 
Moisés Blanco comprometeuse cos veciños a trasladar estas demandas ao grupo de goberno socialista, a través de distintas iniciativas políticas que presentará no concello. Así mesmo, lles dixo que seguirá insistindo e pedíndolle ao alcalde que é necesario manter a convivencia entre os vehículos e os peóns, garantindo a seguridade e a circulación da mellor maneira posible mentres o concello non solucione o problemas de aparcamento".
 
Tamén lle recordou os veciños que o Partido Popular presentara fai dou anos unha moción no concello solicitando un plan de apoio a peonalización do casco vello, e que esta fora rexeitada polo alcalde socialista. "Levamos dous anos perdidos, no que se produciron danos irreparables no patrimonio histórico así como nas economías dos locais comercias que sufriron importantes perdas por mor dos retrasos e a mala planificación das obras no barrio", afirmou Moisés Blanco.
 
Como naquela moción, seguimos defendendo que "antes de tomar algunha medida drástica en canto a regulación do tráfico e os estacionamentos, hai que implementar diversas accións e ter en conta a opinión dos veciños, como a construción do aparcamento soterrado, contemplado no Plan Especial de Reforma do Casco Vello, que ten que ser unha premisa fundamental, posto que sería unha boa solución a un dos principais problemas". Tamén habería que explicarlles aos veciños como será a xestión do aparcamento, si terá prazas en propiedade (concesión), prazas para a rotación ou o aluguer.
 
Así mesmo, Moisés Blanco considera esencial "o impulso da actividade comercial a través da concesión de axudas que permitan a modernización e mellora dos locais comercias. Subvencións que puideran favorecer o aluguer dos baixos comerciais baleiros ou apertura de novos negocios con xóvenes emprendedores".
 
Moisés Blanco defendeu a idea de "conformar unha mesa de traballo con representantes políticos, veciñais e do comercio para a elaboración dun plan de apoio a peonalización". 

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: