Noticias
Blog
O PP de Punxín constitúe a xestora do partido cara ás Municipais de 2011

Ourense, 6 de xullo de 2010.- O Partido Popular de Punxín ven de constituír a súa xunta xestora para iniciar o traballo cara ás eleccións municipais de 2011. Para elo, dentro do proceso de posta en marcha das xuntas locais do PP na provincia, o presidente provincial, Manuel Baltar, asistiu á reunión que os Populares de Punxín celebraron para conformar a xestora do PP de Punxín, que estará presidida por José Fernández, e integrada polos compoñentes do equipo directivo popular nese concello, ao que tamén pertencen os tres concelleiros do PP que actualmente integran á corporación local, dos sete totais.
O obxectivo do PP de Punxín, nos once meses escasos que quedan para as eleccións municipais, é informar aos seus convenciños das propostas que o Partido Popular porá en marcha no caso de acadar a alcaldía, fronte a ausencia absoluta de interese polo concello que teñen os que agora conforman unha maioría de goberno "que só pensan no seu progreso propio e non no de Punxín".
O PP de Punxín confía en cambiar "o rumbo errático" que o alcalde e o goberno socialista están dando ao concello. Os populares queren desenvolver unha xestión pensando en resolver os problemas dos veciños "por pequenos que sexan", e conseguir sacar a Punxín da difícil situación financeira pola que atravesa o concello.
FOTO: Membros da xunta xestora do PP de Punxín con presidente provincial, Manuel Baltar.