Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Moisés Blanco, novo presidente do PP de O Barco co apoio unánime dos compromisarios

Imprimir ppou - 03-Xullo-2010 - 20:03:07 


 O Barco, 3 de xullo de 2010.-
Moisés Blanco Paradelo foi elixido novo presidente do Partido Popular de O Barco, no congreso local que os Populares celebraron hoxe na vila barquense. Os compromisarios con dereito a voto refrendaron cun 100% do seu apoio á candidatura de Moisés Blanco, que afirmou que esta nova etapa que hoxe comeza "estará protagonizada polo traballo, a dedicación e a constancia, nunha labor que desenvolveremos polo ben dos veciños de o Barco e polo futuro de todo o noso concello".O total de votos emitidos polos compromisarios foi de 173, todos a favor da candidatura de Moisés Blanco -única presentada ao congreso-.

Moisés Blanco, actual portavoz do PP de O Barco, dixo que a situación de crise actual "require de grandes equipos, con propostas cribles, realizables e ilusionantes; e require tamén firmeza, rigor e claridade de ideas ante as importantes responsabilidades que temos por diante".

Blanco afirmou que O Barco ten ante si grandes retos, citando como exemplo as deficientes infraestruturas de comunicación que son responsabilidade do goberno socialista, "refírome a autovía que nunca chegou, ao tren de altas prestacións que nin está planificado, ou as malas conexións por autobús. O PSOE nunca pensou no futuro de O Barco, nos nosos xóvenes, nos emprendedores, nas empresas, no pequeno e mediano comercio, que nunca recibiron nin unha soa axuda que lles permita ser máis competitivos".


O novo presidente local dixo que hai que aproveitar e impulsar as potencialidades de O Barco: o viño, a pizarra, o turismo e os recursos naturais, "son algúns dos sectores que permitirán dinamizar o noso mercado de traballo e a nosa economía".


Un dos retos principais que afronta o novo PP de O Barco é a organización do partido de cara ás eleccións municipais de 2011, e o traballo de campo encamiñado a mellorar resultados e conseguir a maioría absoluta que lle permita ao PP acadar o goberno municipal.


Pola súa banda, o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar afirmou no seu discurso que entre todos "temos que facer realidade nos escasos trescentos trinta días que quedan para as eleccións, o obxectivo fundamental do noso traballo político: que o vindeiro alcalde de O Barco sexa popular. É posible, a xente de O Barco é popular, e así o amosa nas votacións en eleccións xerais e autonómicas".


En referencia ao novo presidente local, Manuel Baltar dixo que Moisés cree no PP e cree no Barco. "É o mellor embaixador político do Barco. Non é un descoñecido. Certamente é novo, pero iso en política é tamén unha virtude. Esa forza, esa garra, esa ambición implícitas ao carácter de quen debe tomar decisións. Ésa é tamén a renovación: a media de idade dos tres novos presidentes nestes tres congresos locais celebrados na provincia é de 36 anos, un dato relevante que fala ben e moi alto da excelente canteira de líderes que temos no PP de Ourense".


Manuel Baltar dixo que asistimos hoxe "ao remate dun proceso que se iniciou cando a xunta directiva provincial convocou este congreso. Xunto cos doutras localidades da provincia: antonte estivemos en Xinzo de Limia e onte no Carballiño. Tres importantes citas políticas na nosa provincia que resolvemos con tres fortísimos liderados. O propósito é claro nos tres casos: fornecer o noso partido un ano antes do gran reto do PP: as eleccións municipais de maio de 2011".


Pola súa banda, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, foi o encargado de pechar o congreso cun discurso no que felicitou a Moisés Blanco pola súa victoria no congreso e afirmou que xunto con el ten un gran partido que o respalda e que o apoia para conseguir o gran obxectivo de acadar a alcaldía de O Barco no 2011.


Alfonso Rueda dixo que as oportunidades que o goberno socialista de O Barco deixou pasar durante 11 anos, "temos que convertilas nun novo impulso e ilusión para que, dunha vez por todas, o pulo do progreso chegue ao Barco e a Valdeorras".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: