Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Argimiro Marnotes, presidente local do PP de O Carballiño co apoio do 100% dos compromisarios

Imprimir ppou - 02-Xullo-2010 - 22:23:26 

 

O Carballiño, 2 de xullo de 2010
.- Argimiro Marnotes Fernández é dende hoxe novo presidente do Partido Popular de O Carballiño, ao acadar o apoio unánime dos compromisarios (100%) que votaron no Congreso Local que os Populares celebraron na Casa da Cultura carballiñesa.

O total de votos emitidos polos compromisarios foi de 155, dos cales 155 votaron a favor da candidatura de Argimiro Marnotes -única presentada ao congreso- sin que se rexistrasen votos en branco nin nulos.


 Argimiro Marnotes, actual portavoz do PP no Concello de O Carballiño e cunha longa traxectoria familiar na vida política, lidera dende hoxe como presidente local o partido máis votado no Carballiño e o que máis respaldo cidadán ten acadado ao longo de toda a histórica democrática na comarca carballiñesa: o Partido Popular.

Os principais retos que asume Marnotes son: a organización do partido de cara ás eleccións municipais de 2011 e o traballo de campo encamiñado a mellorar resultados e conseguir a maioría absoluta que lle permita ao PP acadar o goberno municipal. Asi, Argimiro Marnotes comeza cun renovado equipo a traballar dende hoxe na planificación do novo PP de O Carballiño, e na posta en marcha de proxectos cuxo único obxectivo é mellorar os servizos, o benestar e a calidade de vida dos carballiñeses.


No seu discurso trala súa proclamación como presidente electo, Argimiro Marnotes dixo que hoxe demostramos "que o PP no Carballiño só hai un, e os nosos contrincantes, PSOE e BNG, reman xuntos pero coa tripulación dividida, amotinada e sen capitán, fronte a un Partido Popular onde todos remamos a bo ritmo e na mesma dirección polo ben dos nosos veciños".


Marnotes agradeceu, ante as máis de 200 persoas que asistiron ao congreso na Casa da Cultura de Xinzo, o apoio recibido e comprometeuse a conformar "un programa racional, sensato e realista para que, co apoio e o traballo de todos, poidamos darlle un xiro radical á forma de gobernar ao noso concello".


A xunta local que nace neste congreso está formada por 44 persoas, a máis ampla feita nunca no Carballiño, integrada por membros da anterior executiva e novas incorporacións. Argimiro Marnotes tivo tamén unhas palabras para o presidente saínte, Guillermo Fernández, a quen agradeceu "que este cambio de ciclo se fixese conciliando e unindo os intereses de todos, que non son outros que a mellora do noso concello e o benestar dos nosos veciños"


Pola súa banda, o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar afirmou no seu discurso que nos once meses que quedan para as Municipais, "o obxectivo fundamental do noso traballo político é que o vindeiro alcalde de O Carballiño sexa popular. E para elo ninguén sobra, todos facemos falta. As portas do PP están abertas aos que veñan con gañas de traballar, de aportar, de construir, en positivo. Porque en política sumar é multiplicar".


En referencia ao novo presidente local, Manuel Baltar dixo que Argimiro Marnotes leva xa unha longa carreira política, "pero sobre todo, é unha persoa leal, traballadora e honesta, principais características do seu labor como máximo dirixente do PP en O Carballiño. Felicítovos ás afiliadas e afiliados do PP de Carballiño porque tendes como novo líder que sempre leva o nome de Carballiño en letras maiúsculas preocupándose polo benestar e o desenvolvemento deste gran concello".


Manuel Baltar engadiu: "Somos o partido dos ourensáns, e por elo temos que ofrecer a todos os cidadáns unha forza política eficaz, resolutiva e responsable, capaz de afrontar os problemas da xente e de aportar solucións para resolvelos". "Por elo -proseguíu- a celebración destes congresos ten como obxectivo organizarnos para chegar a máis cidadáns e para poñernos á súa disposición, co fin de escoitar as súas necesidades e contribuír a resolvelas. Porque só sendo "políticos de proximidade" poderemos axudar a facer entre todos unha provincia de Ourense mellor e máis competitiva", concluíu Manuel Baltar.


Pola súa banda, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, foi o encargado de pechar o congreso cun discurso no que felicitou a Argimiro Marnotes pola "abrumadora e incuestionable" victoria no congreso, e afirmou que o PP "está no seu mellor momento e encara unhas eleccións municipais máis unido ca nunca e co obxectivo de traballar en equipo, cada un no seu sitio, para seguir consolidando e mellorando resultados".


Alfonso Rueda criticou que a "marca de Pachismo" hai que afastala "para mirar de fronte a xente, para resolver os seus problemas e non facer política de costas a Carballiño e Ourense, como fixo ata o de agora Pachi Vázquez cando tivo responsabilidade de gobernar, tentando sempre despistar á cidadanía, agocharlle problemas e crise, para non facer nada polo noso, e deixar que pasen os meses sen que se solucionen os problemas dos cidadáns".


Mañá, O Barco


O de O Carballiño foi o segundo dos tres congresos locais que o PP celebra estes días en tres das principais vilas de Ourense. Mañá sábado tócalle o turno ao Barco, onde se elixirá ao único candidato que se presenta ao congreso: Moisés Blanco.


O programa desenvolverase a partires das 10.30 horas, na biblioteca municipal de O Barco, coa constitución do congreso e as propostas da mesa e de regulamento, para proseguir co informe de xestión, a lectura dun comunicado titulado "O Barco cara ao futuro" e a presentación da candidatura. Posteriormente, terá lugar a votación, e ás 13.15 horas darase a coñecer o escrutinio e proclamarase ao presidente local, para rematar cos discursos do novo presidente local, do presidente provincial do PP, Manuel Baltar, e pechará o acto o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: