Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os veciños denuncian que o alcalde de Rairiz extrae sábrego sen autorización dun monte comunal para facer unha pista

Imprimir ppou - 02-Xullo-2010 - 17:37:29 

Ourense, 2 de xullo de 2010.- Veciños da parroquia de Ordes, en Rairiz de Veiga, amosaron o seu malestar denunciando que o alcalde do concello, Xaquín Rodríguez, ordenou a extración de sábrego dun monte comunal de Ordes para construír unha pista, sen contar coa autorización veciñal.

 

Os feitos foron cualificados por Paco Limia, portavoz do PP en Rairiz de Veiga, como "un atropelo e un abuso de autoridade por parte do alcalde, xa que en ningún momento pediu autorización aos veciños para extraer sábrego do comunal, algo que é requisito imprescindible pois o monte non é do alcalde senón que é dos veciños".


A polémica xurdiu hai unha semana, cando os veciños de Ordes viron a unha retroexcavadora facendo movemento de terras e cargando en dous camións de gran tonelaxe sábrego do monte comunal. "De inmediato, os veciños puxéronse en contacto co alcalde, pero este díxolles que él era a autoridade e era quen mandaba, sen darlles máis explicacións", afirma Paco Limia. A pista motivo de litixio vai dende a carretera A Saínza-Ponte Liñares e chega ata unha zona de fincas do municipio.


Paco Limia critica que o alcalde, ademais de non contar cos veciños para pedirlles autorización, "incumpre tamén promesas feitas hai máis dun ano, como é a zudra (canalización de regadío) que se comprometeu a realizar na parroquia de Ordes e que os veciños seguen esperando, pois é moi importante para o regadío nesta zona do municipio".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: