Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Antonio Pérez, elixido presidente do PP de Xinzo co apoio do 98% dos compromisarios

Imprimir ppou - 02-Xullo-2010 - 09:37:32 

CongresoPPXinzo


Xinzo de Limia, 1 de xullo de 2010.- Antonio Pérez Rodríguez foi proclamado novo presidente do Partido Popular de Xinzo de Limia co apoio do 98% dos compromisarios que votaron no congreso local celebrado hoxe na vila limiá. Antonio Pérez, na actualidade concelleiro no Concello de Xinzo y deputado provincial, asume dende hoxe o reto de liderar a forza política máis importante de Xinzo de Limia e de preparala para afrontar con éxito a convocatoria das vindeiras eleccións municipais que terán lugar na primavera de 2011.

O resultado do escrutinio foi que dun total de 237 votos emitidos polos compromisarios, 230 votaron a favor da candidatura de Antonio Pérez  -única presentada ao congreso- rexistrándose 6 votos en branco e 1 nulo. 

No seu discurso trala súa proclamación como presidente electo, Antonio Pérez agradeceu, ante as máis de 300 persoas que asistiron ao congreso na Casa da Cultura de Xinzo, o apoio recibido e comprometeuse a levar a cabo "unha labor de responsabilidade e sacrificio a prol do PP de Xinzo xunto cun gran equipo, para que todos traballemos unidos polo benestar dos nosos veciños, e para seguir avanzando no progreso do noso concello".   

Antonio Pérez afirmou que este abrumador apoio amosado no congreso "pon de manifesto a unidade do Partido Popular de Xinzo, onde todos temos cabida, e supón un magnífico punto de arranque para as eleccións municipais de 2011. Ilusión, unidade, capacidade de traballo, preparación e sobre todo unha gran responsabilidade é o que nos une a toda a familia Popular de Xinzo, e ímoslle dar unha gran victoria ao Partido Popular, polo ben de todos os cidadáns que levan moitos anos dándonos a súa confianza no Concello de Xinzo".    

Pola súa banda, o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar tivo no seu discurso un recoñecemento ao labor de Isaac Vila, "referente do PP neste concello e nesta bisbarra". "Un home -afirmou- que foi, e é alcalde deste concello porque así o quixeron a gran maioría dos electores. Un home que pasou por diferentes postos de responsabilidade na Deputación e que agora volve representar á provincia no Senado".   

En referencia ao novo presidente local, Manuel Baltar dixo que Antonio Pérez amosouse sempre de frente e a súa candidatura saiu victoriosa, e foi quen de reunir en dous días 2.500 sinaturas de apoio á súa candidatura". Baltar engadiu que  temos entre todos "que facer realidade, xuntos, nos once meses que quedan, o obxectivo fundamental do noso traballo político: que a alcaldía de Xinzo siga tendo un alcalde popular, alcalde que estou convencido se chamará Antonio Pérez Rodríguez".   

Manuel Baltar engadíu tamén que ninguén sobra no PP. "Todos facemos falta: os que estamos e todos aqueles que se van incorporando a este proxecto político que renovamos hoxe. As portas do PP están abertas aos que veñan con gañas de traballar, de aportar, de construir, en positivo. Porque en política sumar é multiplicar. Non me cabe ningunha dúbida de que Antonio Pérez fará, co apoio dos que estamos aquí e de moitos máis,  un partido moito máis grande e moito máis forte. Porque ése é tamén o obxectivo fundamental deste congreso".   

Este foi o primeiro dos tres congresos locais que o PP celebra estes días en tres das principais vilas de Ourense. Logo de Xinzo, mañá tócalle o turno ao Carballiño e o vindeiro sábado a O Barco. O obxectivo de todos eles e impulsar a renovación do Partido Popular e dinamizar a vida política para facela máis achegada ás necesidades dos veciños.   

Mellorar os resultados electorais obtidos alí onde se goberna e acadar as alcaldías onde se exerce a oposición nos vindeiros comicios municipais é a finalidade do minucioso programa organizativo que o PP de Ourense está a desenvolver por toda a provincia para organizar os seus equipos e planificar as accións estratéxicas que se levarán a cabo a partires de agora e ata a celebración das eleccións municipais.   

En O Carballiño o congreso celebrarase mañá venres 2 de xullo. Neste caso o único candidato presentado foi Argimiro Marnotes Fernández. O congreso comezará ás 19.00 horas; posteriormente, terán lugar as intervencións dos relatores e as votacións, e a partires das 21.00 horas, o escrutinio e o acto de proclamación do presidente.   Polo que atinxe ao Barco, Moisés Blanco Paradelo foi o único afiliado que se presentou como candidato, e a súa elección terá lugar no congreso que comezará a partires das 10.30 horas do sábado e que rematará ás 14.00 horas, na Biblioteca de O Barco.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: