Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Renovación e dinamismo local son os obxectivos dos congresos que o PP celebra en Xinzo, O Carballiño e O Barco

Imprimir ppou - 30-Xuño-2010 - 16:29:21 

Ourense, 30 de xuño de 2010.- Impulsar a renovación do Partido Popular e dinamizar a vida política para facela máis achegada aos problemas e necesidades dos veciños son os obxectivos dos congresos locais que o PP celebra os vindeiros días 1, 2 e 3 de xullo en Xinzo, O Carballiño e O Barco, respectivamente.    

As comisións organizadoras dos congresos proclamaron hai uns días aos candidatos, e agora todo está a punto para desenvolver estes importantes cónclaves Populares en tres dos grandes concellos da provincia de Ourense, coa vista posta nas eleccións municipais de 2011, e coa finalidade de seguir mellorando resultados en Xinzo e acadar a Alcaldía  nos concellos de O Carballiño e O Barco.

Xinzo de Limia figura no primeiro lugar do calendario. O vindeiro xoves, os afiliados poderán votar a candidatura do único candidato presentado para presidir o PP local, Antonio Pérez Rodríguez. A congreso comezará ás 19.00 horas e o escrutinio e o acto de proclamación do novo presidente local terán lugar a partires das 21.00 horas.   

En O Carballiño o congreso celebrarase o venres 2 de xullo. Neste caso o único candidato presentado foi Argimiro Marnotes Fernández. O congreso seguirá o mesmo proceso organizativo: comezo ás 19.00 horas; posteriormente, intervencións dos relatores e votacións, e a partires das 21.00 horas, escrutinio e acto de proclamación do presidente.   

Finalmente, o congreso de O Barco terá lugar o sábado 3 de xullo, entre as 10.30 horas e as 14.00 horas. Moisés Blanco Paradelo foi o único afiliado que se presentou como candidato, e a súa elección desenvolverase segundo o mesmo programa que os anteriores.   

A importancia destes congresos locais acentúase coa próxima convocatoria das eleccións municipais de 2011, xa que o Partido Popular considera fundamental para seguir mellorando os resultados dos comicios de 2007 na provincia, "ter unha perfecta organización para que poidamos achegarnos con efectividade e resolución ás necesidades dos veciños dos nosos concellos", afirma o presidente provincial, Manuel Baltar, e engade: "O feito de celebrar congresos e estruturar axeitadamente o noso partido no ámbito local redundadá nun mellor servizo aos cidadáns".    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: