Blog

 PRESENTACIÓN DO CENTRO DE FORMACIÓN E ESTRATEXIA DO PP DE OURENSE "ROBERTO PADILLA"

Imprimir ppou - 19-Xuño-2010 - 22:17:09 

Máis dun centenar de persoas asistiu o venres á inauguración en Xinzo de Limia do Centro Popular de Formación e Estratexia do PP de Ourense "Roberto Padilla". Este centro, que leva o nome de "Roberto Padilla", destacado militante do Partido Popular de Ourense recentemente falecido, ten como obxectivo a realización de actividades formativas de ámbito político e social dirixidas aos cargos do PP na provincia.O acto inaugural contou coa presenza do presidente provincial do PP, Manuel Baltar, e de cargos políticos Populares de toda a provincia, e consistiu na presentación do centro e na entrega á viúva de Roberto Padilla dunha placa de homenaxe pola labor que este destacado militante desenvolveu ao longo da súa vida. Dende o punto de vista formativo, impartíronse dous relatorios, un de "Comunicación política", a cargo do xornalista Fernando R. Méndez, e outro de "Protocolo", impartido por Cristina Rey, experta en Protocolo.

Suscíbete:
Redes Sociales: