Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Presentación de Juan Manuel Andrade como candidato do PP á Alcaldía de Os Blancos

Imprimir ppou - 17-Xuño-2010 - 13:06:13 

Máis de 150 persoas asistiron no Multiusos de Os Blancos á presentación de Juan Manuel  Andrade como candidato do Partido Popular á Alcaldía de Os Blancos. O acto contou coa presenza do presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, quen amosou o seu apoio a Andrade afirmando que será "un gran alcalde para un gran concello". Este acto forma parte da intensa campaña que o Partido Popular de Ourense  está levando a cabo polos concellos da provincia, preparando a súa estrutura e equipos de cara ás eleccións municipais de 2011, onde os Populares agardan consolidar e seguir mellorando os resultados que converten ao PP no partido preferido maioritariamente polos ourensáns. "Un partido que traballa pensando na xente e que ten como único obxectivo mellorar a calidade de vida, as infraestruturas e os servizos en todos os concellos da provincia, polo ben dos nosos veciños", afirma Manuel Baltar.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: