Noticias
Blog
O PP de A Bola denuncia irregularidades no cobro dos recibos da auga e alcantarillado
Ourense, 25 de xaneiro de 2012.- O portavoz do Partido Popular en A Bola, José Antonio Dapía, denuncia a existencia de irregularidades no cobro dos recibos da auga e do alcantarillado, "que presentan notables deficiencias legais e que teñen provocado un malestar xeralizado entre os veciños, por entender que esta labor administrativa estase facendo con moitos erros e provocando perxuízo económico a moitos veciños do municipio", explica o portavoz Popular.
Dapía sinala que incluso se cobraron recibos de alcantarillado a pobos "que na data do recibo non tiñan alcantarillado", e denuncia que se cobrou a auga "sen ser tratada, nin estar clorada". "A alcaldesa di que ten que cobrar os recibos polos gastos que supón manter os servizos, cando ese mantemento non existe ou é pésimo", explica Dapía, quen engade que na maioría dos pobos do concello non existe alcantarillado ou só serve a parte dos veciños, mentres que a nosa prioridade é que exista este servizo en todos os pobos do concello".
O portavoz do PP tamén denuncia a existencia de posibles problemas de salubridade da auga en algúns pobos do municipio, onde se ten detectado que a auga non é apta para o consumo humano. Así o reflicten analíticas particulares feitas por algúns veciños, ante o cal o Partido Popular solicitou ao Concello en diversas ocasións ter acceso ás análises oficiais que fai o concello, "feito que se nos ten negado sistematicamente, sen que ninguén nos dese ningunha explicación e sen que se nos responda aos escritos presentados no concello", afirma José Antonio Dapía.
Ante estes feitos, o Partido Popular de A Bola iniciará as reclamacións antes os organismos pertinentes para que se abra unha investigación co fin de determinar a posible insalubridade da auga de consumo no municipio de A Bola, e as posibles consecuencias que isto pode ter para a saúde dos veciños dos pobos afectados.
A estas irregularidades sanitarias e administrativas, engádese o feito dos incumprimentos institucionais, pois, segundo afirma José Antonio Dapía " o grupo de goberno non está respectando o período dos plenos que a lei demanda (pleno ordinario cada 2 meses), co cal, o parón de actividade que se vive no concello supón unha clara falta de respecto cara os veciños, pois os representantes políticos están para traballar e velar polos intereses dos seus cidadáns e non para ver pasar os días".








