Noticias
Blog
Ourense, 23 de xaneiro de 2012.- O portavoz do Partido Popular en Coles, Luis Antonio Iglesias, ven de denunciar o "parón total que está a sufrir o Concello de Coles desde o punto de vista administrativo e institucional", feito que xa fixo público no pasado pleno municipal, onde deixou constancia da inactividade que preside a xestión do goberno socialista neste concello.
O voceiro Popular considera que as sesións plenarias están faltas de contido, e pon como exemplo que no último pleno só houbo un asunto que tratar como foi o relativo ás ordenanzas municipais reguladoras das actividades comerciais sometidas ao réxime de comunicación previa.Luis Antonio Iglesias critica todas as promesas electorais incumpridas por parte do PSOE, citando algunhas das cales como a do retraso do PXOM, as nulas xestións para ao posta en marcha do Transporte Metropolitano, ou a inexistencia das vivendas de protección oficial.Tamén denuncia o portavoz do PP en Coles a carencia de medidas para o asentamento de empresas e para a creación de emprego, e a posta en marcha da tan prometida axuda por natalidade. A to isto engade a falta dunha brigada municipal, a inexistencia dun plan de recuperación de núcleos tradicionais, e as deficiencias no funcionamento de Internet no municipio, feito que tamén se pon de manifesto no nefasto funcionamento da páxina web institucional do concello.Polo que se refire ás demandas dos veciños, o portavoz do PP afirma que o Concello amosa "unha falta de transparencia total no modo de selección de persoal eventual contratado, ao que hai que engadir o abandono dos camiños e estradas, as sinalizacións deficientes e a inexistencia de beirarrúas en determinados pobos, algo que tamén se prometeu e non se cumpriu, o que se completa cunha elevada suba de impostos, acordada no novo orzamento, que supón un 11% no IBI e no imposto de Vehículos".








