Noticias
Blog
O PP de Calvos de Randín denuncia que o alcalde recorta servizos aos veciños mentres lle custa ao Concello 3.000 euros ao mes
Ourense 17 de xaneiro de 2012.- O portavoz do Partido Popular no Concello de Calvos de Randín, José Manuel Andrade, ven de denunciar que o alcalde socialista neste concello, Aquilino Valencia, ven de recortar e mesmo suprimir servizos aos cidadáns, "pero por outra banda ven de poñerse un soldo duns 2.400 euros ao mes, o cal, sumado ás cotizacións e a Seguridade Social tradúcese en que o alcalde cústalle a todos os veciños uns 3.000 euros mensuais".
"Sen embargo, non lle trema o pulso ao alcalde para cortar a calefacción do Centro de Saúde, "porque hai que aforrar, segundo di", e isto provoca que os cidadáns que se achegan alí para ser atendidos das súas doenzas teñen que estar todo o tempo cos abrigos no interior do centro, porque só está acendida a calefacción no despacho do médico e da enfermeira", afirma Andrade.
Andrade cualifica de "impresentable" que o alcalde do PSOE antepoña os seus intereses persoais, mentres decide suprimir, por exemplo, o transporte público á capitalidade municipal alegando o seu pouco uso, "pero isto fíxoo só tres ou catro días despois de perder as eleccións. Quizais pode ser por revancha cara os veciños, pero ten que pensar que él debe exercer de alcalde de todos, non só dos que lle convén".
Asemade, o portavoz Popular denuncia a mala xestión realizada na axuda a domicilio por parte do alcalde, "xa que antes das eleccións contratou a cinco persoas, o que provocou que os cartos non lle chegasen para seguir prestando este servizo". E no que atinxe á contratación de persoal, o alcalde enfróntase agora, en opinión de José Manuel Andrade, a un conflito con traballadores do Concello que foron despedidos despois de vir realizando o seu traballo durante catro anos. "Encheu á xente de promesas que non cumpriu, como a de que ía haber novos postos de traballo: unha manobra electoral que agora quedou en nada", di o voceiro do PP.
Finalmente, no que se refire a empadroamentos, afirma Andrade que "misteriosamente" a poboación de Calvos de Randín "medrou unas últimas eleccións municipais en máis de 200 persoas en catro meses, moitas das cales nin se sabe de onde proceden e outras son persoas que pasan só 15 días ao ano no municipio, durante as vacacións. De todo elo saberán tomar boa nota os veciños", conclúe José Manuel Andrade.