Blog

 O PP defenderá no pleno que se legalice o Servizo de Axuda no Fogar e que se defina o uso de Montealegre como Xardín Botánico

Imprimir ppou - 10-Xaneiro-2012 - 16:15:27 

Ourense, 10 de xaneiro de 2012.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Ourense defenderá no pleno municipal do vindeiro venres 13 de xaneiro dúas mocións.
A primeira delas solicitará que o Concello tramite urxentemente o expediente de inicio de actividades do programa de Axuda no Fogar (SAF) segundo o establecido no Decreto 143/2007, do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación, dos programas e dos centros de servizos sociais. (DOG 147 do 31 de xullo).ç
Esta petición susténtase en que segundo o artigo 60 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, correspóndelle ao Concello de Ourense, como entidade administrativa ó servizo dos nosos cidadáns, tódalas competencias relacionadas coa creación, xestión e manteñemento dos servizos sociais comunitarios básicos e específicos, así como a participación, como entidade colaboradora, na xestión destas prestacións económicas, e no seu caso, das subvencións concedidas pola Xunta de Galicia, nos términos legalmente establecidos.
En cumprimento da legalidade vixente, o Concello de Ourense deberá contar tamén coa autorización administrativa indispensable para o inicio, modificación sustancial e cesamento das actividades dos centros ou programas de carácter social, co obxecto de asegurar o debido cumprimento das condicións do seu funcionamento, de conformidade coa lei, e garantir a seguridade e calidade da prestación social.
En xullo de 2010 foi arquivado pola Xunta de Galicia o expediente administrativo do permiso de inicio de actividades do programa de axuda no fogar correspondente ao Concello de Ourense, por ter pendentes varios asuntos e non atender as reiteradas peticións por parte da administración autonómica para cumplilos.
Polo tanto, a día de hoxe, o Concello de Ourense carece da autorización administrativa da Xunta de Galicia para desenvolver programas de carácter social e non podería adxudicar este tipo de servizos, neste caso o de axuda no fogar, que non está inscrito no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
Infrinxir de xeito grave a lexislación vixente podería acarrearlle o Concello de Ourense sancións económicas tipificadas na Lei 13/2008, incluindo a prohibición de acceso ao financiamento público druante un periodo de entre un e cinco anos, en relación co centro, servizo ou programa seleccionado.
Xardín Botánico
A segunda moción que o Grupo Municipal do PP defenderá no pleno municipal estará encamiñada a que o Sr. Alcalde defina o uso do Montealegre como un Xardín Botánico, tal e como o definía o proxecto técnico financiado a través do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local (Plan E).
Na exposición de motivos da moción, os populares lembran que dende o pasado 10 de xuño, data da inauguración do que se veu en chamar "Xardín Botánico de Montealegre", o Grupo Municipal do PP de Ourense loitou por solucionar os despropósitos que artellou o Bipartito ante esta obra, cifrada en 3,6 millóns de euros.
Grazas ás denuncias públicas populares, hoxe en día ese proxecto conta cos servizos básicos.  Nembargantes, a obra acaba de ser recibida polo Concello dende o pasado 19 de decembro sen que, polo de agora, se teña definido o seu uso presente nin futuro, chegando a anunciarse que o que naceu como "botánico", terminará sendo un parque "forestal" ou "zona de lecer".

Suscíbete:
Redes Sociales: