Blog

 O Servizo de Axuda no Fogar do Concello carece do permiso preceptivo da Xunta esixido por lei.

Imprimir ppou - 05-Xaneiro-2012 - 12:50:24 

Ourense, 05 de xaneiro de 2012.- O Concello de Ourense, que ven de adxudicar o pasado 22 de decembro (pola vía de urxencia naquela sesión da Xunta de Goberno) o Servizo de Axuda no Fogar por case 17 millóns de euros, carece de autorización e permiso administrativo para desenvolver esta actividade. Así o explicaron esta mañá o portavoz municipal, Rosendo Fernández, e o concelleiro popular responsable da área de Sanidade e Benestar Social, Miguel Abad.
O Grupo Municipal do PPOU ten certeza de que o expediente administrativo do permiso de inicio de actividades do programa de axuda no fogar foi arquivado por parte da Xunta de Galicia en xullo de 2010. Iniciouse en xaneiro de 2009 e dende o Executivo Autonómico se lle requeriu documentación en xaneiro 2009, xuño 2009 e novembro dese mesmo ano. En xullo de 2010 se arquivou o devandito expediente dado que o Concello de Ourense non remitiu en tempo e forma a documentación administrativa solicitada ata en tres ocasións.

Suscíbete:
Redes Sociales: