Noticias
Blog
Balance Xerais 2011: O PP gobernaría con maioría absoluta na cidade de Ourense
Os resultados dos pasados comicios das Xerais 2011 deixou na cidade de Ourense uns resultados que, extrapolados a unhas eleccións locais, daríanlle ao Partido Popular unha ampla vitoria para poder gobernar con maioría absoluta, acadando os 15 concelleiros.Estes datos reflicten que Rosendo Fernández sería alcalde de Ourense cun dos máis amplos respaldos dados pola cidadanía da capital ourensán a unha forza política, e Ourense obtivo un dos mellores resultados en apoio ao PP nas cidades galegas, só por detrás de Lugo, Santiago e Ferrol.
Co 47,60% do apoio (en total 29.456 votos) o Partido Popular na cidade de Ourense obtivo máis votos que PSOE e BNG xuntos, que apenas superaron los 26.000 votos conxuntamente, aumentando moi significativamente a diferenza entre os votos totais que recibiu o PP e a suma de socialistas e nacionalistas xuntos.
Tamén cabe salientar que o Partido Popular gañou por maioría en todos os distritos da cidade: Centro, San Francisco - Avenida de Bos Aires, O Couto, Mariñamansa e A Ponte.
Foi, sen dúbidas, unha vitoria histórica a acadada polo Partido Popular en Ourense, provincia que se situou entre as sete provincias españolas con maior porcentaxe de apoio ao PP, para as candidaturas ao Congreso e ao Senado encabezadas por Celso Delgado e Carmen Leyte.
Desta maneira o PPOU cumpriu os tres obxectivos que se marcara na campaña electoral: que Rajoy sexa presidente do goberno; lograr tres deputados e tres senadores, e ser a provincia de Galicia con maior apoio ao PP (56,65%) -superando en catro puntos a media galega e en 12 puntos a media de España.








