Blog

 Xunqueira de Espadañedo aproba o seu Plan de Urbanismo

Imprimir ppou - 01-Decembro-2011 - 08:21:33 

O pleno do Concello de Xunqueira de Espadañedo aprobou hoxe cos votos favorables de toda a corporación o Plan de Urbanismo do municipio, que permitirá dar un importante impulso social e empresarial pois para a construción de novas vivendas, e de novas áreas industriais e de servizo que contribuirán a dinamizar a economía deste municipio ourensán.
O alcalde de Xunqueira de Espadañedo, Carlos Gómez (PP), dixo que a aprobación do plan "vai supoñer un antes e un despois para o noso municipio porque tanto no que atinxe a construción de vivendas como ao aspecto industrial será algo moi positivo para o crecemento do municipio". Carlos Gómez expresou o agradecemento do concello ao anterior alcalde, Ricardo González Lage, "pola gran xestión realizada para que hoxe poida o Plan de Urbanismo de Xunqueira de Espadañedo sexa una realidade".
O trámite que debe seguir o plan a partires de agora é a súa remisión á Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva, co cal poñeranse fin a máis de oito anos de revisións e alegacións, que agora rematan cun documento que marcará as normas urbanísticas de Xunqueira de Espadañedo de agora en adiante.
Os estudos para a realización do plan comezaron en 200, e ao longo destes anos fixéronse tres revisións; na última revisión, das 54 alegación foron estimadas completamente 42, e parcialmente 4, mentres que só 8 foron desestimadas.
A aprobación do plan permitirá, ademais da construción de novas vivendas, a construción dun parque industrial; a ampliación dun área para novas infraestruturas de servizo para os veciños do municipio e a construción dun parque eólico.

Suscíbete:
Redes Sociales: