Blog

 Manuel Baltar: “Este Ourense “máis azul” é un préstamo dos cidadáns”

Imprimir ppou - 29-Novembro-2011 - 12:23:54 

O presidente do Partido Popular de Ourense afirma que o feito de que "o mapa de Ourense sexa "máis azul" significa "a confianza depositada na nosa forza política para facer fronte á crise; é un préstamo que os cidadáns nos fan para que traballemos por aportar solucións e devolvamos o benestar á nosa cidadanía".
Baltar considera que os resultados históricos acadados polo PP de Ourense -sétima provincia de España en apoio ao PP e das primeiras en porcentaxe do voto emigrante popular- "serven para que sigamos traballando polos intereses dos nosos veciños, e con humildade, rigor e boa xestión poidamos contribuír a que Ourense, Galicia e España volvan ser competitivos e ocupen o lugar que merecen".
Xunto a Rosendo Fernández, secretario provincial do PP, Manuel Baltar fixo una análise detallada aos medios de comunicación dos resultados las eleccións xerais, explicando que o PPOU "foi a forza política preferida maioritariamente polos ourensáns, pois acadamos a vitoria en 86 concellos -en 84 deles por maioría absoluta-. Non é de estrañar que PSOE e BNG de Ourense estean escondidos e non fagan ningunha rolda de prensa para valorar os resultados, porque non teñen nada que valorar.
Asemade, Baltar dixo que nestas eleccións "produciuse a maior fenda electoral", pois o PP sacou case 39.000 votos máis que a suma de PSOE e BNG xuntos, "diferenza que segue aumentando elección tras elección".  
O presidente provincial do PP afirma que estes resultados "reflicten unha enorme crise de liderado tanto no PSOE como no BNG. O feito de que Pachi Vázquez siga liderando o PSOE é o mellor para o PP pero moi malo para o país porque non hai una oposición forte; e no caso do BNG Pérez Bouza se algo fixo foi falar mal de Ourense no Senado, en Madrid, e así lles foi".
Manuel Baltar dixo que os bos resultados acadados polo PPOU -gañando en 9 dos 10 concellos máis poboados da provincia de Ourense- "valida o traballo de candidatos, cargos do partido, militantes e simpatizantes", e engadiu que o PPOU xa está a traballar en poñer en marcha novas iniciativas como serán as convencións de cargos mozos e de mulleres e dunha nova edición da Escola de Verán Miguel Ángel Blanco, e por suposto, o PP de Ourense pon xa o seu punto de mira nas eleccións autonómicas sobre as que dixo non ser partidario do seu adianto "porque o que agora necesita o país e estabilidade e centrarnos en solucionar o gran problema da crise, provocada pola nefasta herdanza socialista".

Suscíbete:
Redes Sociales: