Noticias
Blog
O Partido Popular acadou un triunfo histórico. As urnas déronlle aos populares o mellor resultado da súa historia, con máis de 10,7 millóns de votos en toda España, acadando 186 deputados no Congreso, 32 máis que na última lexislatura.
Os resultados en Ourense seguiron esa exitosa tendencia, e situaron á provincia ourensá entre as sete provincias españolas con maior porcentaxe de apoio ao PP, para as candidaturas ao Congreso e ao Senado encabezadas por Celso Delgado e Carmen Leyte.
O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, dixo que o PP de Ourense "cumpriu os tres obxectivos que se marcara na campaña electoral: que Rajoy sexa presidente do goberno; lograr tres deputados e tres senadores, e ser a provincia de Galicia con maior apoio ao PP (56,65%)".
Cunha cifra en torno aos 114.000 votos, a provincia de Ourense volve demostrar novamente o gran respaldo ao Partido Popular, xa que só foi superada por Almería, Ávila, Murcia, Salamanca, Toledo e Zamora.
As primeiras palabras de Manuel Baltar na noite electoral foron para as máis de 26.000 persoas que non teñen traballo na provincia de Ourense, "para eles e para todos os ourensáns traballaremos por saír desta crise e por devolver á nosa sociedade o benestar que nunca debeu perder".
Baltar trasladou a todos os cidadáns que confiaron no Partido Popular a súa "fonda gratitude", agradecendo tamén aos membros das candidaturas e aos miles de militantes e simpatizantes "que nos apoiaron e traballaron tanto para facer posible que este novo proxecto que hoxe iniciamos leve a Ourense, a Galicia e a España á senda do crecemento e da prosperidade".
Manuel Baltar recalcou que "Ourense nunca falla e non defrauda", e engadiu que os resultados son o froito dun traballo responsable e serio "que nos levou a máis de 250 actos nos que chegamos directamente coa nosa mensaxe a máis de 20.000 persoas por toda a provincia de Ourense, para dicirlles que hai outra forma de facer política, pensada só e exclusivamente no benestar da cidadanía".
O presidente provincial fixo unha primeira análise dos resultados destacando que o PP de Ourense gañou en 9 dos 10 concellos máis poboados da provincia, gañando tamén en todos os partidos xudiciais e superando en 20 puntos a suma de PSOE e BNG xuntos.
Tamén lembrou que o PPOU foi a forza máis votada en 87 dos 92 concellos da provincia, e extrapolando estes resultados o PP acadaría a alcaldía da capital ourensá; tería un deputado máis no Parlamento de Galicia e vería incrementado asemade o número de escanos na Deputación provincial.
Baltar cualificou o resultado de "magnífico", pero lembrou que "aquí non remata nada, senón que comeza unha etapa de responsabilidade e de eficacia na xestión, porque a situación e moi difícil e temos que saír adiante entre todos".
Os resultados en Ourense seguiron esa exitosa tendencia, e situaron á provincia ourensá entre as sete provincias españolas con maior porcentaxe de apoio ao PP, para as candidaturas ao Congreso e ao Senado encabezadas por Celso Delgado e Carmen Leyte.
O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, dixo que o PP de Ourense "cumpriu os tres obxectivos que se marcara na campaña electoral: que Rajoy sexa presidente do goberno; lograr tres deputados e tres senadores, e ser a provincia de Galicia con maior apoio ao PP (56,65%)".
Cunha cifra en torno aos 114.000 votos, a provincia de Ourense volve demostrar novamente o gran respaldo ao Partido Popular, xa que só foi superada por Almería, Ávila, Murcia, Salamanca, Toledo e Zamora.
As primeiras palabras de Manuel Baltar na noite electoral foron para as máis de 26.000 persoas que non teñen traballo na provincia de Ourense, "para eles e para todos os ourensáns traballaremos por saír desta crise e por devolver á nosa sociedade o benestar que nunca debeu perder".Baltar trasladou a todos os cidadáns que confiaron no Partido Popular a súa "fonda gratitude", agradecendo tamén aos membros das candidaturas e aos miles de militantes e simpatizantes "que nos apoiaron e traballaron tanto para facer posible que este novo proxecto que hoxe iniciamos leve a Ourense, a Galicia e a España á senda do crecemento e da prosperidade".