Noticias
Blog
O PP de Ourense pechou a campaña con dous multitudinarios mítines en Xinzo de Limia e Os Blancos
Con dous multitudinaros mítines en Xinzo de Limia (1.000 persoas) e Os Blancos (300) o Partido Popular de Ourense puxo fin á campaña electoral, nunha última xornada onde celebrou oito actos. Na capital, o cabeza de lista ao Congreso, Celso Delgado, estivo no mitin de O Vinteún, mentres que Carmen Leyte, cabeza de lista ao Senado, estivo no mitin de Os Blancos (onde tamén se decide a Alcaldía).
En Os Blancos, Carmen Leyte estivo acompañado por Guillermo Collarte (nº2 ao Congreso); polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar; polo candidato á Alcaldía, Juan Manuel Andrade, e polo presidente de Honra do PPOU e presidente da Deputación, José Luis Baltar.
Manuel Baltar dixo que o domingo "pecharase un triste paréntese e abriremos unha esperanzada admiración. Admiración pola concordia, polas cousas ben feitas, pola creación de emprego e pola recuperación dun país". O presidente provincial engadiu que estas son as eleccións "máis importantes de toda a etapa democrática en España, porque non se trata de gañarlle a un partido político senón que temos que gañarlle á crise e ao malestar que por culpa da xestión socialista se instalou na nosa sociedade". Baltar dixo que esta é unha labor que temos que facer todos xuntos e por iso pediu aos cidadáns "que acudan maioritariamente ás urnas o vindeiro domingo".
Baltar afirmou que eliximos Os Blancos para o mitin fin de campaña "porque hai que poñer fin dunha vez ao desgoberno que padece este concello, e os veciños non se merecen unha parálise total da actividade municipal como a que sofre este concello". "Estamos no concello pior xestionado de Galicia, en auténtica bancarrota. Non poden as veciñas e veciños dos Blancos seguir con quen é incapaz de sacalo adiante. O PP ten un proxecto para Os Blancos que será axudado polas administracións provincial e autonómica, de cor popular, e tamén por Mariano Rajoy cando o 20 de novembro resulte elixido presidente de España. En Os Blancos xa gañamos en maio, tamén coa fortuna do sorteo...á terceira vai a definitiva. Os Blancos o merece."
Previamente no mitin de Xinzo de Limia, Manuel Baltar dixo que Xinzo é unha vila intelixente, pois elixiu un goberno forte en maio, como tamén Ourense elixiu unha Deputación sólida, popular, ao igual que toda Galicia en 2009. Queda o Goberno de España que o vindeiro domingo será popular, para que o rigor na xestión sexa unha realidade e volvamos ter prestixio internacional".
En Os Blancos, Carmen Leyte estivo acompañado por Guillermo Collarte (nº2 ao Congreso); polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar; polo candidato á Alcaldía, Juan Manuel Andrade, e polo presidente de Honra do PPOU e presidente da Deputación, José Luis Baltar.
Manuel Baltar dixo que o domingo "pecharase un triste paréntese e abriremos unha esperanzada admiración. Admiración pola concordia, polas cousas ben feitas, pola creación de emprego e pola recuperación dun país". O presidente provincial engadiu que estas son as eleccións "máis importantes de toda a etapa democrática en España, porque non se trata de gañarlle a un partido político senón que temos que gañarlle á crise e ao malestar que por culpa da xestión socialista se instalou na nosa sociedade". Baltar dixo que esta é unha labor que temos que facer todos xuntos e por iso pediu aos cidadáns "que acudan maioritariamente ás urnas o vindeiro domingo".
Baltar afirmou que eliximos Os Blancos para o mitin fin de campaña "porque hai que poñer fin dunha vez ao desgoberno que padece este concello, e os veciños non se merecen unha parálise total da actividade municipal como a que sofre este concello". "Estamos no concello pior xestionado de Galicia, en auténtica bancarrota. Non poden as veciñas e veciños dos Blancos seguir con quen é incapaz de sacalo adiante. O PP ten un proxecto para Os Blancos que será axudado polas administracións provincial e autonómica, de cor popular, e tamén por Mariano Rajoy cando o 20 de novembro resulte elixido presidente de España. En Os Blancos xa gañamos en maio, tamén coa fortuna do sorteo...á terceira vai a definitiva. Os Blancos o merece."Previamente no mitin de Xinzo de Limia, Manuel Baltar dixo que Xinzo é unha vila intelixente, pois elixiu un goberno forte en maio, como tamén Ourense elixiu unha Deputación sólida, popular, ao igual que toda Galicia en 2009. Queda o Goberno de España que o vindeiro domingo será popular, para que o rigor na xestión sexa unha realidade e volvamos ter prestixio internacional".









