Noticias
Blog
Novas Xeracións propón "encher as urnas de ilusións non de berros"
Ourense, 18 de novembro de 2011.- A presidenta de Novas Xeracións de Ourense, Jackeline Fernández, única candidata xuvenil do PP en Galicia ao Congreso, estivo hoxe no Campus Universitario de Ourense acompañado por membros da organización xuvenil popular para presentar o programa de Xuventude do Partido Popular. No encontro, a dirixente xuvenil propuxo que o próximo domingo a mocidade "encha as urnas de ilusións non de berros, votando e exercendo o seu dereito a escoller o mellor para o noso futuro".Baixo o lema "O que os xóvenes precisan", Jackeline Fernández explicou que este programa plantexa "40 cartas con 40 propostas e solucións aos principais problemas da xuventude na actualidade en materia de educación, vivenda, reformas e Emprego".
Algunhas destas propostas e reivindicacións son, en opinión de Jackeline Fernández, a formación dual, a facilidade fiscal para que os xóvenes poidan crear empresas, a supresión do canon dixital ou flexibilidade no aluguer xoven.
A presidenta de Novas Xeracións de Ourense afirmou que Rajoy "escoitará á mocidade" porque será "o presidente dos xóvenes", e engadiu que "nos devolverá a ilusión polo futuro e fará posible que poidamos planificar o noso proxecto de vida persoal e laboral no noso país, porque non podemos consentir que 1 de cada 2 xóvenes nos teñamos que conformar con ter os títulos universitarios gardados nunha carpeta e coas nosas cualificacións profesionais esmorecendo coa escusa da crise".
Jackeline Fernández afirma que os mozos e mozas non podemos resignarnos ante esta falta de oportunidades "e temos todo o dereito do mundo a desexar un futuro mellor para nós, e por iso os xóvenes temos que encher as urnas de ilusión, porque só con cruzarnos de brazos e berrar non facemos nada".








