Noticias
Blog
A XUNTA DIRECTIVA PROVINCIAL DO PP DE OURENSE CONVOCA OS CONGRESOS LOCAIS DE XINZO, O CARBALLIÑO E O BARCO
Ourense, 14 de xuño de 2010.- A Xunta Directiva Provincial do Partido Popular de Ourense aprobou por unanimidade na reunión celebrada hoxe na sede Popular de Ourense a convocatoria dos congresos locais de Xinzo de Limia, O Carballiño e O Barco de Valdeorras, que se celebrarán os días 1, 2 e 3 de xullo, respectivamente.
O regulamento dos congresos -que a partires de mañá poderá consultarse na web do PP de Ourense- establece un prazo de sete días para a presentación de candidaturas, establecéndose tamén sete días para o desenvolvemento da campaña electoral.
Outros temas que abordou a Xunta Directiva Provincial foi a presentación do novo xerente do PP de Ourense, Luis Vergara Gómez. Nacido en Ourense, Vergara ten 35 anos, é licenciado en Dereito pola Universidade de Vigo e Master en Axentes de Emprego, e na súa actividade política foi concelleiro do Partido Popular en Cortegada entre os anos 1999 e 2007.
Tamén se anunciou a posta en marcha do Centro Popular de Formación Estratéxica do PP de Ourense "Roberto Padilla", que iniciará a súa andaina o vindeiro venres, 18 de xuño, na sede do PP de Xinzo, ás 18.00 horas, con dúas conferencias sobre comunicación política e protocolo.
Pola súa banda, o conselleiro de Industria Javier Guerra, participou na reunión da Xunta Directiva para explicar os plans e proxectos que está a desenvolver o seu departamento, entre os que se atopa o "Plan Impulsa Ourense".