Noticias
Blog
Os candidatos populares comprométense co sector da construción a impulsar o crecemento económico e o emprego
Ourense, 17 de novembro de 2011.- Os candididatos populares ao Congreso dos Deputados Celso Delgado e Guillermo Collarte, así como a cabeza de cartel do PPOU ao Senado, Carmen Leyte, mantiveron esta mañá un encontro sectorial con empresarios da construción da provincia de Ourense.
A reunión, que tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), serviu para poñer de manifesto o apoio que dende o próximo Goberno de España se lle brindará a un dos sectores máis castigados pola crise económica. Así o explicou o número 2 ao Congreso, Guillermo Collarte, quen lembrou que o da construción "é o sector que eu coñezo, onde me formei como profesional" e por elo brindou o seu expreso apoio cara "un sector que é clave para a economía ourensá".
O candidato Celso Delgado explicou os dramáticos datos que sofre este sector dende os últimos catro anos, coincidentes coa última lexislatura do Goberno socialista de Zapatero. Lembrou que dende marzo de 2008, o paro no sector da construción medrou en España nun 58,52%. Sen embargo, se esta cifra xa é de por si dramática, no ámbito ourensán agudízase ata un 81,22%: dos 671 desempregados en marzo de 2008, a cidade conta na actualidade con 1.216 parados no sector.
Os candidatos populares comprometéronse ante os empresarios ourensáns da construción a contribuír con políticas económicas na mellora da situación do sector, lembrando que canto mellor vaia a economía, máis postos de traballo poderán ser creados. Estas políticas basearanse en cuestións tales como a venta de vivendas, a mellora na información e protección dos clientes hipotecarios, as deducións fiscais pola compra de inmobles, as compensacións tributarias polos alugueres (cunha revisión dos contratos de arrendamento para mellorar a súa flexibilidade e seguridade) e a promoción da rehabilitación de vivendas, entre outras cuestións.








