Blog

 Mariano Rajoy en Ourense: cos cidadáns e co partido

Imprimir ppou - 16-Novembro-2011 - 13:51:46 

Ourense 16 de novembro de 2011.- O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, estivo o pasado martes en Ourense para compartir cos cidadáns e coa Xunta Directiva Provincial do PPOU unhas horas dentro da intensa campaña electoral para as Xerais 2011.
Mariano Rajoy estivo acompañado polo presidente do PPdeG e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo;  polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar; por membros das candidaturas ao Congreso e Senado, e polo presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar. Todos percorreron as rúas de Ourense, desde o Centro Cultural ata a carpa electoral instalada na rúa do Paseo, en medio de centos de persoas que lle saían ao paso berrándolle: ¡Presidente, presidente!, pedíndolle autógrafos e bicos, pero sobre solicitándolle que poña fin á mala xestión socialista e ao desgoberno do PSOE que nos levou á crítica situación económica que estamos a padecer.
De seguido, na sede do PP de Ourense, Mariano Rajoy asinou no Libro de Honra do PPOU e presidiu a reunión da Xunta Directiva Provincial, na que participou xunto cos alcaldes e presidentes locais populares dos 92 concellos da provincia, unha xuntanza na que Rajoy felicitou ao PP de Ourense "polos magníficos resultados que ven acadando nos últimos comicios electorais", e animou a todos a seguir por ese mesmo camiño de victorias "polo ben dos cidadáns, aos que nos debemos o polos que temos que traballar nestes momentos tan difíciles".    

Suscíbete:
Redes Sociales: