Blog

 Jackeline Fernández: “Rajoy será o presidente dos xóvenes”

Imprimir ppou - 14-Novembro-2011 - 17:34:26 

Ourense, 14 de novembro de 2011.- Jackeline Fernández, presidenta de Novas Xeracións de Ourense e única candidata ao Congreso do Partido Popular en Galicia pertencente a esta organización xuvenil, afirmou hoxe en Castrelo de Miño que Rajoy será "o presidente dos xóvenes, porque nos devolverá a ilusión polo futuro e fará posible que poidamos planificar o noso proxecto de vida persoal e laboral no noso país, sen necesidade de converternos nos emigrantes galegos do século XXI".
A dirixente xuvenil di que un dos piares fundamentais do programa do Partido Popular "son as medidas para combater o para xuvenil", e engadiu que "non podemos consentir que 1 de cada 2 xóvenes nos teñamos que conformar con ter os títulos universitarios gardados nunha carpeta e coas nosas cualificacións profesionais esmorecendo coa escusa da crise". Jackeline Fernández defende que "a maior indignación dos xóvenes é non ter traballo e estar encadeados a unha realidade da que non somos culpables. Nós non temos culpa do desgoberno socialista, nin da incapacidade dos ministros de Zapatero, pero si podemos decidir o día 20 para que o vicepresidente do paro, o señor Rubalcaba, non nos siga enganando". Jackeline Fernández afirma que a incapacidade de Rubalcaba e Zapatero provocou que España sexa o país co maior índice de paro xuvenil de Europa, "pero non podemos resignarnos ante esta falta de oportunidades e temos todo o dereito do mundo a desexar un futuro mellor para nós, e por iso os xóvenes temos que encher as urnas de ilusión, porque só con cruzarnos de brazos e berrar non facemos nada, temos que decidir, e para iso a mellor protesta é ir todos a votar o vindeiro domingo".    

Suscíbete:
Redes Sociales: