Noticias
Blog
Alfonso Rueda di en Ourense que a Alta Velocidade “é o noso compromiso: daremos prazos reais, farémola e pagarémola”

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, acompañado de Agustín Hernández, Celso Delgado, Rosendo Fernández, e Manuel Baltar, compareceu hoxe diante da estación de ferrocarril de Ourense para reafirmar o compromiso do futuro goberno popular coa Alta Velocidade "un compromiso que se traduce en non engañar á xente, poner uns prazos cribles e cumpribles, e finalmente facer as obras e por suposto pagalas".
Asimesmo, Rueda dixo que os populares se comprometerán a facer un estudo "rigoroso" do soterramento como posible integración do AVE na cidade de Ourense, e denunciou o proceso unilateral da maquetas da futura estación, feito sen contar coa participación da administración autonómica. Tamén comentou Alfonso Rueda os avances acadados pola Xunta no que atinxe ás infraestruturas na provincia de Ourense, entre as que destacou a autovía de Celanova.








