Blog

 Con Felipe González o PSOE "resucita" a "memoria histórica" da etapa de maior corrupción política

Imprimir ppou - 14-Novembro-2011 - 13:23:25 

Ourense, 14 de novembro de 2011.- O Partido Popular de Ourense afirma que coa visita de mañá de Felipe González o PSOE "resucita" a "memoria histórica" da etapa de maior corrupción política en España.
Os populares de Ourense consideran que os socialista "soben ao escenario un triste pasado porque non teñen futuro que ofrecer". Avergóñanse de Zapatero e por iso non participa nos mítines, e Rubalcaba elude o contacto coa cidadanía nas rúas porque non se atreve a mirarlle aos ollos á xente e pedirlle perdón pola situación na que os socialista meteron ao noso país.
Pola contra, tran a Ourense a todo un "campeón": Felipe González, cuxo goberno caracterizouse por continuos escándalos de corrupción e por ser igual que o goberno de Zapatero e Rubalcaba nunha cousa: en deixar a España con 5 millóns de parados. Ese é todo o seu triste logro.
Ademais os populares ourensáns consideran que Felipe González foi o presidente que tivo "o mérito" de negarlle o AVE a Galicia para darllo a Andalucía, negándolle así á nosa provincia unha infraestrutura de progreso tan necesaria.
Hoxe, con vinte anos de retraso, o AVE segue sen chegar e os protagonistas de marxinar a Ourense seguen a ser os mesmos: Felipe González e Rubalcaba.
O PP de Ourense afirma que se todo o que ten que ofrecer o PSOE para solucionar a crise pasa por sacar de paseo a Felipe González, "non é de estrañar que Rubalcaba só pregunte polo programa do Partido Popular: é a mostra máis evidente da desesperación socialista, cando, pola contra, o que fai falta é análise, reflexión, tranquilidade, proxectos e unha boa xestión, elementos dos que carece o PSOE, cuxa receita para a crise e mentir, insultar, pelexar e enfrontar á sociedade".

Suscíbete:
Redes Sociales: