Blog

 Para o PSOE os 26.000 parados de Ourense chámanse todos igual: "Votos"

Imprimir ppou - 13-Novembro-2011 - 20:02:04 

Ourense, 13 de novembro de 2011.- O Partido Popular de Ourense critica o cinismo do PSOE ao pedirlle á confianza aos desempregados, logo de que foran os socialistas quen durante oito anos quebraran o proxecto de vida de millóns de persoas e impediran coa súa nula xestión que o estado do benestar fose o verdadeiro protagonista neste país.
Os populares consideran que para o PSOE os máis de 26.000 parados que ten a provincia de Ourense chámanse todos igual: "Votos", e o señor Rubalcaba debería preguntarlles a eles que lles parece a situación que están vivindo.
No mitin celebrado en Cartelle, a cabeza de lista ao Senado por Ourense e alcaldesa deste concello, Carmen Leyte, dixo, referíndose á crítica situación do desemprego xuvenil: "Non podemos aceptar que a metade dos mozos e mozas do noso país, que conforman a xeración máis preparada, teñan que ir fóra cos seus títulos e másters a buscar traballo".
A candidata convocou aos xóvenes a "derrotar ao paro e á crise, porque a mocidade, que é sinónimo de inconformismo, ten que alzar a voz contra os gobernantes socialistas que fundiron aos xóvenes na desesperanza e na desmotivación".
Pola súa banda, O presidente provincial, Manuel Baltar, dixo nos actos celebrados en Vilamartín de Valdeorras e Laza que o emprego e as pensións "están unidos por un pacto interxeracional". "Os mozos traballan para desenvolver a súa vida, e ese emprego garante as pensións dos nosos maiores, que no seu día, cando eran mozos, garantían as pensións dos maiores de entón". O dirixente popular afirmou que as persoas maiores "saben que quen garante o poder adquisitivo das pensións é o PP, e que a mellor garantía para as pensións é o emprego dos mozos".
Baltar afirmou que O PP dálle aos nosos maiores seguridade e aos mozos a recuperación da esperanza, "porque a nosa e única batalla é loitar contra o paro, contra a exclusión social, contra a pobreza, e contra a falta de oportunidades e de igualdade", afirmou.
O presidente do PPOU destacou que nestas eleccións "hai un home de partido que é Rubalcaba e un home de Estado que é Rajoy: un representa un proxecto de supervivencia persoal, e outro representa o proxecto nacional do emprego. Por iso, quen queira continuísmo, crispación e paro optará por Rubalcaba; e quen queira serenidade, emprego e cambio, elixirá a Mariano Rajoy".

Suscíbete:
Redes Sociales: