Blog

 Verdade, reformas e austeridade son os piares nos que se baseará o PP para recuperar a economía e o benestar

Imprimir ppou - 12-Novembro-2011 - 20:44:29 

Ribadavia, 12 de novembro de 2011.- O presidente do Partido Popular de Ourense e os candidatos ao Congreso e ao Senado pola provincia ourensá dixeron no mitin celebrado esta tarde en Ribadavia que os tres instrumentos básicos que aplicará o PP para recuperar a economía e o estado de benestar son "verdade, reformas e austeridade".
Os populares afirman que "entre todos sairemos adiante, pero hai que ter en conta que o vindeiro 20 de novembro non só imos elixir ao próximo presidente do goberno, senón que tamén elixiremos como queremos que vivan os españois nas próximas décadas. E para iso o PP conta con tres instrumentos fundamentais: dicir a verdade, acometer un programa de reformas e facer un plan de aforro e austeridade", afirmou Manuel Baltar.
O dirixente popular asegurou que fronte a un goberno socialista "que leva oito anos mentindo porque sofre dun síndrome electoral permanente, pois só se preocupa de cazar votos", está a xente da rúa: as familias que teñen problemas para chegar a fin de mes; os empresarios aos que cada vez lles costa máis manter a flote as súas empresas e negocios, ou mesmo os xóvenes agobiados polo seu futuro, e con todos eles está o Partido Popular, con rigor, ilusión, esperanza e sobre todo cun programa e un proxecto de país".
Pola súa banda, Celso Delgado dixo en relación aos xóvenes que son "os máis preparados pero tamén os máis desempregados, porque iso é o que lles ofrece o PSOE: paro e un futuro incerto e sen expectativas". En referencia á educación pública, Celso Delgado dixo que a única maneira de defendela "é facendo que sexa a mellor e a de máis calidade, porque así é como se garante a igualdade de posibilidades".

Suscíbete:
Redes Sociales: