Blog

 O PP lamenta que o Bipartito atente contra a tradición do Magosto na cidade

Imprimir ppou - 11-Novembro-2011 - 18:34:43 

Ourense, 11 de novembro de 2011.- O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta a máis recente ocurrencia do Bipartito, que atenta directamente contra a tradición máis enxebre da nosa cidade: os magostos. Lonxe de manter o seu carácter "rural", que na urbe se situaba en espazos como a Alameda ou o Parque Barbaña, agora o Bipartito, nun novo alarde de "innovación", decide situar este festexo na Praza Maior, co suposto obxectivo de "fomentar o Casco Histórico".
Dende o Grupo Municipal do Partido Popular pregúntanse se esta decisión, ao máis puro estilo de ocurrencias antolóxicas como a das Raíñas Magas, ou a recentemente promocionada "Festa da Cervexa", responde a unha cortina de fume para que os ourensáns non se lembren da promesa do alcalde de Ourense, aos poucos días do peche do Xardín Botánico de Montealegre no mes de setembro, de que este tradicional espazo dos magostos estaría listo para a festividad do patrón da cidade, San Martiño. Promesa, como tantas outras, que resultou ser un novo engano masivo.
E se todo esto non fose suficiente, o Bipartito remata o seu ataque contra a festa dos magostos implantando un pago para os participantes, o cal contribúe a menospreciar a aquelas persoas con menos recursos económicos que queren disfrutar do tradicional magosto organizado dende o Concello. O Bipartito, fiel ao seu estilo, por unha banda non escatima en gastos coma directores xerais, concelleiros non electos ou adicacións exclusivas. Pero pola outra, implanta pagos sen ter en conta a situación económica dos usuarios dos magostos.

Suscíbete:
Redes Sociales: