Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Rosendo Fernández: “Faremos o novo Ourense entre todos”

Imprimir ppou - 13-Xuño-2010 - 14:23:50 

Ourense, 11 de xuño de 2010. 

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo respaldou co seu apoio "e o de todo o Partido Popular de Galicia" a candidatura de Rosendo Fernández a Alcaldía de Ourense para as eleccións municipais de 2011. Nun multitudiario acto que o pasado venres reuníu en Ourense a perto de 300 persoas, tivo lugar a presentación pública de Rosendo Fernández, quen estivo arroupado, ademáis, polo presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, e por cargos orgánicos e electos do partido, militantes e simpatizantes.    


Todos coincidiron en afirmar que dende a unidade do partido, o traballo intenso e un programa caracterizado por proxectos de interese para os cidadáns, que dinamicen á cidade de Ourense, "acadaremos a victoria nas eleccións de 2011 para devolver a Ourense un goberno responsable, activo e preocupado polos cidadáns de Ourense", afirmou Alberto Núñez Feijóo.

Pola súa banda, Rosendo Fernández dixo que para levar a cabo o seu compromiso con Ourense farao "sendo alcalde con todos, escoitando a todos os cidadáns, recollendo as súas suxestións rúa a rúa, praza a praza, barrio a barrio, para que todos xuntos sexamos partícipes da grande segunda transformación que necesita Ourense".   

Rosendo afirmou que o emprego, as persoas maiores, o solo industrial, os xóvenes, a economía e o termalismo serán os grandes eixos nos que centrará os proxectos que dará a coñecer aos cidadáns "para que entre todos fagamos que Ourense volva a moverse".   

No acto de presentación de Rosendo Fernández intervíu tamén Enrique Nóvoa "Poly", presidente da xunta local do PP, quen insistíu na necesidade de traballar unidos "polo obxectivo común de conseguir que Rosendo sexa o vindeiro alcalde de Ourense. É o mellor candidato y todos temos que apoialo", dixo.   

Neste senso, tamén se pronunciou o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, quen destacou "a imbatible traxectoria política de Rosendo", afirmando que as listas nas que foi incluído "sempre gañaron por maioría absoluta", e subliñou a súa grande experiencia como xestor desenvolvida nas administracións Local, Autonómica e do Estado, "nos diferentes cargos de responsabilidade que ten desempeñado ao longo da súa traxectoria política".   

Outro dos puntos nos que todos os relatores coincidiron foi en criticar á xestión do bipartito PSOE-BNG no Concello de Ourense nos tres anos que leva gobernando o municipio "esta alianza de perdedores". Despilfarro, nulidade de proxectos en favor dos cidadáns e unha duplicidade de gastos, é o que mellor define a política errática de socialistas e nacionalista ao fronte do Concello de Ourense.   

"Nós pensamos e traballamos polos nosos veciños -dixo Rosendo Fernández-, e por elo a todos lles pediremos que nos digan qué farían para mellorar Ourense. Coas súas suxestións e os proxectos do Partido Popular faremos un programa que recollerá as sensibilidades de todos os cidadáns, porque todos somos Ourense e entre todos faremos que a nosa cidade creza, recupere a ilusión e colla o ritmo de progreso que se merece, polo ben de todos os cidadáns que queren, traballan e viven na nosa querida Ourense".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: