Blog

 A concelleira de Urbanismo contradí unha orde do alcalde e impide ao PP revisar o expediente da casa derrubada

Imprimir ppou - 10-Novembro-2011 - 15:50:09 

Ourense, 10 de novembro de 2011.- Os concelleiros populares Rosendo Fernández, José Luis Valcarce Baiget e Mónica Mourelo compareceron esta mañá ante os medios de comunicación para dar conta do enésimo depropósito do Bipartito Municipal, onde agora á inoperancia lle suman unha preocupante descoordinación e un feroz oscurantismo deseñado para poñer tódalas trabas posibles á labor fiscalizadora do principal grupo da oposición.
Todo comezou o pasado 7 de novembro, cando o Grupo Municipal do PP solicitou por escrito o acceso e vista do expediente de disciplina urbanística 145/10, aberto dende o ano 2010 e corresponde ao inmoble número 6 da rúa Villa Valencia, derrubado hai unha semana e no que faleceu tráxicamente o seu único morador.
Un día despois, o 8 de novembro, o alcalde remitiu un escrito dando autorización a este acceso e vista, emplazando ao PP a que fixase data e hora para dita revisión. De inmediato, os populares rexistraron que querían revisar o expediente o día 9, onte, ás 10.00 horas.
E foi precisamente onte, 9 de novembro, cando os concelleiros populares  se personaron en Urbanismo para analizar o expediente. Naquel intre, os funcionarios relatáronlles que recibiran orde da concelleira do ramo, Áurea Elena Soto, de que non se lles dise acceso, contradecindo deste xeito á orde dada un día antes polo alcalde de Ourense.
Despois de dúas horas sen recibir explicacións, os populares, acompañados polo seu portavoz, Rosendo Fernández, solicitaron ao coordinador de Urbanismo e maila xefa de Planeamento e Xestión que redactaran unha dilixencia para facer constar os feitos que alí sucederon, onde ámbolos dous técnicos diron conta de que os populares non podían revisar o expediente ainda que tiñan autorización.

Paralelamente, a concelleira Aurea Elena Soto remitiu un escrito sen datar correctamente, no que informaba de que o expediente se lles poría a disposición en tempo en forma (sen especificar cando), alegando que "nestes intres se necesita por parte dos servizos técnicos e xurídicos municipais ter o expediente a súa disposición, habéndose requerido os informes necesarios sobre as actuacións inmediatas a establecer e a introducir no inmoble, así como as medidas procedimentales a seguir".
Tralo relato dos feitos, os concelleiros populares lamentan, en primeiro lugar, a falta de autoridade por parte do alcalde, xa que as súas ordes non son respetadas nin polos concelleiros do seu propio grupo político. E en segundo lugar, alertan de que si se lle poñen tantas trabas ao acceso a esta información, "dan a entender de que hai algo que queren ocultar nun proceso tan grave que se levou por diante a vida dunha persoa", recalcando Rosendo Fernández que "ainda que non quero ser desconfiado, os feitos falan por si mesmos".
Suscíbete:
Redes Sociales: