Blog

 Rueda afirma que o AVE será un compromiso e unha realidade, "non un conto socialista"

Imprimir ppou - 09-Novembro-2011 - 20:54:10 

Ourense, 9 de novembro de 2011.- O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, dixo hoxe en Ourense en referencia á chegada do AVE a Galicia que será unha realidade co PP "non un conto socialista con final triste", e engadiu que se os socialistas «dedicáronse oito anos a prometer e non cumplir, o Partido Popular estudará, analizará e cando teña todos os datos sobre a mesa adquirira un compromiso cos cidadáns que cumprirá, porque a xente merece que non se lle minta".
Alfonso Rueda fixo estas declaracións durante a súa vista a Ourense, onde participou na apertura da carpa electoral que o Partido Popular de Ourense abriu hoxe na céntrica rúa do Paseo. Posteriormente, acompañado polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar, e por membros das candidaturas ao Congreso e ao Senado, percorreu as rúas da cidade para manter contacto cos veciños e coñecer as súas inquedanzas e suxestións.
"No Partido Popular estamos convencidos de que este contacto coa xente é o que importa -dixo Rueda-. Hoxe máis ca nunca os cidadáns necesitan "políticos de rúa" que estean ao seu carón escoitando os seus problemas, porque só así poderemos xerar confianza e traballar todos xuntos para sacar a este país da grave crise na que nos meteron os socialistas".
En referencia ao debate entre Rajoy e Rubalcaba dixo que o candidato socialista "xa ten asumido o papel que lle tocará na vindeira lexislatura: estar na oposición, porque tratou a Mariano Rajoy como presidente, mentres el -Rubalcaba- limitouse a preguntar, pero sen aportar unha soa resposta aos milleiros de preguntas que se fan os cidadáns".
Neste senso, Rueda engadiu que o Partido Popular actuará con responsabilidade, "e que ninguén teña a máis mínima dúbida de que afrontaremos esta crise, poremos en marcha as medidas para combatela e devolverémoslles aos cidadáns a tranquilidade e o benestar; xa o fixemos en 1996 e volverémolo facer agora".    

Suscíbete:
Redes Sociales: