Noticias
Blog
Feijóo afirma que Rubalcaba xa "trata" a Rajoy como presidente, e Baltar destaca que en lugar de pedir o voto "Rubalcaba debería pedir perdón"
Verín, 8 de novembro de 2011.- O presidente do PPdeG e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, dixo onte no mitin de Verín que as "moitas preguntas" que o candidato socialista, Alfredo Pérez Rubalcaba, realizou a Mariano Rajoy no debate do luns "son unha mostra clara de que xa ten asumido que o papel que terá na vindeira lexislatura: Rubalcaba na oposición e Rajoy presidente", e vaticinou que os españois darán una resposta nítida e clara nas urnas o vindeiro 20 de novembro co "voto do cambio".Núñez Feijóo destacou que os "gañadores" do debate foron os españois, quen tiveron a oportunidade de ver a actuación de cada un dos candidatos, "un, Mariano Rajoy, que ten proxecto, fronte a outro que só amosou preguntas, dúbidas e insidias. Máis ca un debate o título do programa de televisión debería ter sido: "Tengo una pregunta para usted, señor presidente".
"Probablemente escoitamos tantas preguntas porque Rubalcaba non sabe contestar", dixo Feijóo, quen lamentou que a "única" proposta que puxo sobre a mesa o candidato socialista fose a de "prorrogar dous anos máis o déficit e o desequilibrio nas contas", constatando a "incapacidade manifesta" dos socialistas de "traer respostas" a España.
Pola súa banda, o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, dixo na súa intervención que en España "hai un problema que se chama PSOE e outro que se chama Rubalcaba", e pediu o apoio nas urnas para o PP para que, con austeridade e transparencia, "España deixe de ser un país triste, empobrecido e sen traballo e recupere a ilusión o emprego e o benestar".
"Con Zapatero España non puido ir a peor -subliñou Baltar-: pagamos os devaneos socialistas e agora piden pelexa, cando é o momento da unión", e engadiu que o PSOE con Rubalcaba ao fronte, deixou a España "como un solar" e agora "queren vendelo".
Manuel Baltar dixo que Rubalcaba non ten que pedir o voto, " ten que pedir perdón", e chamou aos cidadáns a non confiar e acudir a votar o 20-N, "porque é o momento de decidir se queremos máis do mesmo ou queremos un verdadeiro cambio".
No mitin tamén interviron o cabeza de lista ao Congreso por Ourense, Celso Delgado, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez. Delgado manifestou a súa preocupación polos 5 millóns de desempregados que ten España, "provocados pola incompetencia dos socialistas", engadindo que estas dúas lexislaturas de goberno do PSOE "foron unha verdadeira condena". Ademais afirmou que a sociedade "está farta e clama a voces un cambio de política e de políticos, para que a seriedade e o rigor marquen as directrices da xestión política".