Blog

 Máis de 600 persoas abarrotan o Auditorio de O Carballiño no mitin de Núñez Feijóo, Manuel Baltar, Celso Delgado e Argimiro Marnotes

Imprimir ppou - 07-Novembro-2011 - 14:16:21 

Máis de 600 persoas encheron onte o Auditorio de O Carballiño no mitin do Partido Popular que contou coa presenza do presidente da Xunta e PPdeG, Alberto Núñez Feijoo; o presidente provincial do PP, Manuel Baltar; o cabeza de lista ao Congreso por Ourense, Celso Delgado, e o alcalde de O Carballiño, Argimiro Marnotes.
Núñez Feijóo cualificou de "gran drama" "a película do PSOE no Goberno do Estado"', película que saiu moi cara e cun gran reparto no que participaron Rubalcaba, Blanco, Zapatero, Esquerra Republicana e o BNG". O líder do PP en Galicia, dixo: "Nós imos antepoñer o sentido común á amnesia e imos contar con todos os españois en vez de contar contos coma os socialistas". 'Eles falan de recortes -engadiu Alberto Núñez- e sacáronnos 800 millóns de euros nos orzamentos da Xunta para 2012, pero aínda neste panorama de crise imos acometer a reforma integral do Complexo Hospitalario de Ourense".
Pola súa banda, Manuel Baltar afirmou que a política do PP "vai estar baseada na responsabilidade, no realismo e nas reformas, lonxe da incapacidade e das falsas promesas que ao longo destes últimos oito anos foron a marca dos socialistas no Goberno do Estado".

Suscíbete:
Redes Sociales: