Blog

 As infraestruturas centraron os temas de campaña na visita de Alberto Núñez a Celanova e Ribadavia

Imprimir ppou - 06-Novembro-2011 - 20:24:54 

No segundo día de campaña do PP pola provincia de Ourense Alberto Núñez Feijóo visitou Celanova e Ribadavia.
Na vila de San Rosendo o discurso dos populares centrouse no futuro da autovía entre Ourense e Celanova, da que Núñez Feijoo dixo que entrará en funcionamento o vindeiro ano 2012. No encontro participaron alcaldes, concelleiros e cargos populares da comarca, xunto co presidente provincial do PP, Manuel Baltar; o alcalde de Celanova, Antonio Mouriño; o presidente da Deputación, José Luis Baltar, e membros das candidaturas ao Congreso e ao Senado.
Alberto Núñez Feijoo dixo que aínda "non hai nada gañado", e que o momento da verdade chegará o 20 de novembro, recomendando "prudencia e traballo" para alcanzar o obxectivo.
En Ribadavia, Núñez Feijoo, Manuel Baltar e os candidatos reuníronse con  simpatizantes e membros do Partido Popular.
A xornada pechouse en Baltar onde tivo lugar un encontró coa xuventude y un magosto, organizado por Novas Xeracións.
En canto aos actos na capital, tivo lugar un mitin no local da asociación de veciños de Seixalbo, no que interviron Odilo Masid, Rosendo Fernández e Miguel Pérez de Juan.

Suscíbete:
Redes Sociales: