Blog

 O PP comeza a campaña cun mitin no Barco, co paro e a crise como protagonistas das mensaxes

Imprimir ppou - 05-Novembro-2011 - 08:37:39 


O Barco, 5 de novembro de 2011.-
O presidente do PPdeG e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, escolleu a vila de O Barco de Valdeorras para comezar a súa andaina na campaña electoral, nun mitin que encheu o Teatro Lauro Olmo -máis de 400 persoas-, coa presenza do presidente provincial do PP, Manuel Baltar; os cabezas de lista por Ourense ao Congreso e Senado, Celso Delgado e Carmen Leyte; o presidente local do PP, Moisés Blanco, quen xunto a outros candidatos, cargos populares e simpatizantes participaron no primeiro gran acto de campaña das Xerais 2011 en Ourense.
Alberto Núñez Feijoo dixo que "hai un clamor por un cambio" en España e, convencido de que iso aconteza, apelou ao "traballo" para que España «volva ao país que estaba ao mando de todos os indicadores económicos en Europa", "e sexa o país que creou máis emprego de Europa". "Non podemos seguir así", e engadiu que é necesario "levantar España" e superar a "quebra" en que o goberno actual ten mergullado ao Estado do benestar.
Pola súa banda, Manuel Baltar pediu o voto para o PP "para cambiar a realidade" e que "un popular de Galicia" pase a ser o sexto presidente da democracia española.
Baltar abordou no seu discurso a situación económica do país, porque "o obxectivo do PP non é gañar o PSOE, senón á crise e o desemprego", e engadiu que o PP representa "a austeridade, responsabilidade e a solvencia," contra os "sete anos e sete meses de crise, paro e incapacidade" de Zapatero e Rubalcaba no Goberno.
En relación a última enquisa do CIS, Manuel Baltar pediu a confianza dos cidadáns para acadar "o mellor resultado posible" o 20-N para que "as urnas falen e afasten do Goberno ao PSOE, que sempre nos saíu moi caro, porque arruina o noso presente e hipoteca o noso futuro", dixo, lembrando a altísima taxa de paro que nos van deixar os socialistas tralo 20 de novembro -22% da poboación sen traballo e case un 50% de paro xuvenil-.

Suscíbete:
Redes Sociales: