Blog

 Manuel Baltar: “O que importa nesta campaña é o número 22-10-22”

Imprimir ppou - 04-Novembro-2011 - 12:59:29 

Ourense, 4 de novembro de 2011.- "Remataron os tempos dos grandes mítines e cómpre achegarse ás persoas, manter con elas reunións, escoitalas, xerar confianza e sobre todo darlle solucións aos graves problemas que teñen". Así o dixo o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, no primeiro día de campaña, destacando que "o máis importante para o Partido Popular é un número: 22-10-22, unha cifra que deixa ven ás claras á traxectoria do socialismo en España: eles deixaron o Goberno cunha taxa de paro do 22%; logo o PP gobernou e baixouna ao 10%; volveron os socialistas e hoxe sabemos que xa estamos novamente no 22%".
Baltar afirma que detrás dos números hai persoas: "familias que sofren e empresas que creban, por iso, lonxe da incompetencia do PSOE, agora é o momento de xerar confianza e de dicirlle á xente que si podemos saír deste pozo, pero co esforzo e o apoio de todos".
Manuel Baltar considera que os problemas económicos non se arranxan "botándolle sempre á culpa ao outro", e engade que os cidadáns "están cansos de escoitarlle aos socialistas as mensaxes de loitas, divisións e crispación: con todo iso non se xera riqueza nin traballo, todo o contrario: o mellor que hai para afundir unha economía é provocar convulsión, enfrontamento e desconfianza: o que foi a marca do PSOE nestes últimos oito anos".
Por elo, Baltar apela a unha "campaña en positivo", "para dicirlle á xente á verdade: dicirlle que se pode crear emprego e riqueza baixando os impostos pero racionalizando o gasto, eo sobre todo facendo un proxecto político a medio e longo prazo, sen chapuzas nin remendos, porque dunha boa planificación do futuro sae tamén un bo presente".
Manuel Baltar lembra que en Ourense hai 25.000 persoas ás que non lles importa a crispación que provoca ao PSOE, "porque teñen un problema moitísimo máis grave: non ter un soldo que levar á casa e a cambio ter un proxecto de vida roto". "iso tenos que facer reflexionar aos políticos serios -engade- e dunha vez por todas convencer a algúns de que as persoas son seres humanos e non votos que caducan no momento de entrar na urna".
Pachi Váquez, ausente
En canto ao acto de onte, Baltar dixo que é moi significativo que o líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, non estivese na pegada de carteis en Ourense. "Se nin él apoia aos candidatos do PSOE na súa provincia, como pode pedirlle á xente que confíe neles", e engade que o Partido Popular "volveu dar mostras do comportamento austero que hai que ter por respecto a toda a xente que o está pasando mal; pola contra, BNG e PSOE volveron a amosar que eles teñen moitos cartos para gastar en propaganda e parafernalia, e semella que a crise non vai con eles".

Suscíbete:
Redes Sociales: