Noticias
Blog
Ourense, 2 de novembro de 2011.- Os candidatos do Partido Popular de Ourense ao Congreso e Senado nas Eleccións Xerais -encabezados por Celso Delgado e Carmen Leyte-, acompañados polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar, cargos do partido, militantes e simpatizantes, participarán na medianoite do xoves ao venres no acto da tradicional pegada de carteis que da inicio á campaña electoral das Xerais 2011. O acto terá lugar, como en todas as convocatorias electorais, no Parque de San Lázaro de Ourense.
Os obxectivos do PPOU nestas eleccións -nas que levará a cabo un total de 250 actos- pasan por centrarse no problema do desemprego, que afecta a 25.000 persoas na provincia de Ourense. Para elo, a campaña do PP vai enfocada a acadar un resultado que permita lograr un goberno forte, sólido, crible e con prestixio para atallar as políticas equivocadas e erráticas levadas a cabo polo PSOE en todos estes anos.
Os tres retos do PPOU son: lograr tres deputados e tres senadores; que Ourense sexa a provincia galega con maior apoio ao PP, e contribuír a que España teña a partires do 20 de novembro un goberno popular cun presidente galego, Mariano Rajoy.
O Partido Popular de Ourense fará unha campaña "en positivo", sumando ilusións, vontades e esforzos, e non promovendo pelexas, división entre os cidadáns, enfrontamentos e crispación, como propón na súa campaña o PSOE. Serán 15 días nos que o PPOU explicará aos cidadáns o seu programa electoral, que abrangue medidas para facer fronte ao desemprego e a crise económica, os dous principais e máis graves problemas que sofre a nosa sociedade.