Noticias
Blog
O PP considera que a desfeita do Día da Bici debe acarrear responsabilidades
O
urense, 01 de novembro de 2011.- O Grupo Municipal do Partido Popular quere manifestar o seu máximo respeto aos máis de 7.000 participantes que tomaron parte no Día da Bici do pasado 30 de outubro e que, pese ao desprezo e agravio no que se viron inmersos pola total falta de coordinación do Bipartito, obxeto da ira do Bipartito que, para desviar a atención sobre a súa incompetencia, arremete contra os membros da Policía Local, despreciando a este corpo e botándolle enriba unha responsabilidade que non é deles, senón dos dirixentes políticos da nosa cidade.
Pese ás reunións de urxencia que onte tiveron lugar entre ámbalas dúas seccións do Bipartito, co fin de "consensuar" un comunicado co que pedir perdón aos sufridos participantes no Día da Bici e buscar culpables, nada se lle explicou á cidadanía sobre o verdadeiro motivo da desfeita nesta tradicional cita: a descoordinación e total inoperancia e incapacidade amosada por PSOE e BNG. Os 7.000 participantes no Día da Bici deste ano, así como os milleiros de ourensáns que tomaron parte nalgunha das 26 edicións anteriores, saben perfectamente que sempre foi unha cita moi secundada polas familias. É por esto que é difícilmente creíble a versión esgimida dende o Bipartito de que a Policía Local impedise o paso ao Posío por "cuestións de seguridade", cando foi precisamente este lugar o imposto polo Bipartito á organización para rematar a ruta ciclista e no momento da concesión dos permisos non se advertise nada neste senso.
Os populares consideran que esta non foi máis que unha nova mostra, a enésima xa, da incapacidade do Bipartito para unificar criterios de goberno. Doutro xeito non se entende que un mesmo concelleiro asinase permiso para dous eventos no mesmo lugar e á mesma hora, ou que unha concelleira e ademáis teniente de alcalde -segunda autoridade municipal-, non fose capaz de mediar no momento mesmo de producirse a inesperada prohibición aos ciclistas de acceder ao Posío, estando ela alí presente. Situacións vergonzosas e bochornosas que xa son costume para este Bipartito, afeito a que as súas dúas seccións vaian por libre e sen dar conta unha da outra, pese aos intensos esforzos por amosar públicamente o contrario. Eso sí, reúnense para unificar posturas cos feitos consumados, despois de agredir a unha das grandes citas anuais para os aficionados ás dúas rodas.
Ante a penosa imaxe que se lle deu á cidadanía do goberno desta cidade, de pouco valen os comunicados para "pedir perdón". Amosan pouca ou máis ben nula categoría política botándolle a culpa aos membros da Policía Local, cando son os membros do Bipartito os que teñen que dar conta da súa incompetencia. Por iso, dende o Grupo Municipal do PP de Ourense consideran que é necesario que o alcalde depure responsabilidades políticas e que informe de xeito veraz sobre o verdadeiro motivo polo cal foron despreciados 7.000 aficionados á bicicleta. Doutro xeito, este Bipartito está demostrando a súa acelerada especialización en situacións esperpénticas.
urense, 01 de novembro de 2011.- O Grupo Municipal do Partido Popular quere manifestar o seu máximo respeto aos máis de 7.000 participantes que tomaron parte no Día da Bici do pasado 30 de outubro e que, pese ao desprezo e agravio no que se viron inmersos pola total falta de coordinación do Bipartito, obxeto da ira do Bipartito que, para desviar a atención sobre a súa incompetencia, arremete contra os membros da Policía Local, despreciando a este corpo e botándolle enriba unha responsabilidade que non é deles, senón dos dirixentes políticos da nosa cidade.Pese ás reunións de urxencia que onte tiveron lugar entre ámbalas dúas seccións do Bipartito, co fin de "consensuar" un comunicado co que pedir perdón aos sufridos participantes no Día da Bici e buscar culpables, nada se lle explicou á cidadanía sobre o verdadeiro motivo da desfeita nesta tradicional cita: a descoordinación e total inoperancia e incapacidade amosada por PSOE e BNG. Os 7.000 participantes no Día da Bici deste ano, así como os milleiros de ourensáns que tomaron parte nalgunha das 26 edicións anteriores, saben perfectamente que sempre foi unha cita moi secundada polas familias. É por esto que é difícilmente creíble a versión esgimida dende o Bipartito de que a Policía Local impedise o paso ao Posío por "cuestións de seguridade", cando foi precisamente este lugar o imposto polo Bipartito á organización para rematar a ruta ciclista e no momento da concesión dos permisos non se advertise nada neste senso.