Blog

 O PP reclamará no pleno unha ordenanza específica para regular o Botellón

Imprimir ppou - 31-Outubro-2011 - 14:32:54 

Ourense, 31 de outubro de 2011.- O Grupo Municipal do Partido Popular defenderá no pleno municipal do Concello de Ourense do vindeiro venres 4 de novembro dúas mocións.
Na primeira delas, os populares reclamarán ao Bipartito que elabore unha ordenanza específica que regule a nociva e molesta práctica do Botellón nos espazos públicos da cidade. Xa no pleno do pasado 29 de xullo, o PP defendera unha moción na que se solicitara a posta en marcha dos mecanismos precisos para regular este problema de cidade e de saúde pública, sen que dende o Bipartito se activase medida algunha. Agora, os populares concretan a necesidade de elaborar unha normativa municipal específica para protexer aos menores de idade que consumen alcohol e tamén para preservar o descanso dos veciños, e a conservación do mobiliario urbán.
A segunda moción solicitará a aprobación do Regulamento Orgánico do Consello Social, tal e como establece o artigo 106 do Regulamento Orgánico de Funcionamento do Concello de Ourense. Tamén impulsará o acordo de xeito urxente e prioritario para que se constitúa e poña en funcionamento o Consello Social da cidade de Ourense. A creación deste consello é imperativa en base ao artigo 131 da Lei 57/03 de 16 de decembro, e a citada lei o define como "un mecanismo participativo de carácter consultivo das principais organizacións económicas e sociais do municipio", como canal de participación cidadá no ámbito local. En outubro de 2001 e novembro de 2009, o PP xa defendera mocións encamiñadas á creación deste consello, que foran ademáis aprobadas por unanimidade.

Suscíbete:
Redes Sociales: