Blog

 O PP DE OURENSE PLANTÉXASE COMO OBXECTIVO FACER POLÍTICAS PENSANDO NOS 25.000 DESEMPREGADOS DA PROVINCIA

Imprimir ppou - 28-Outubro-2011 - 20:46:05 

Ourense, 28 de outubro de 2011.- O Presidente do PP de Ourense Manuel Baltar e o Coordinador de campaña Pablo Pérez presentaron hoxe en rolda de prensa os actos que desenvolverá esta forza política na campaña que comenza o vindeiro día 4 de novembro.
Manuel Baltar asegurou que o gran obxectivo do PP de Ourense é facer políticas que rematen co gran drama do desemprego, pensando nos 24.954 parados da provincia que precisan solución á súa situación. Esa solución, sostivo Baltar, "pasa porque salga das urnas un goberno forte, sólido, creíble e con prestixio para atallar as políticas equivocadas e erráticas do socialismo".
Pablo Pérez avanzou que serán máis de 250 os actos que o PP de Ou celebrará por toda a provincia, nunha campaña "austera" , alonxada do "despilfarro socialista tradicional" e puxo como exemplo a carísima pegada socialista virtual de carteis das pasadas municipais que considerou "un insulto á cidadanía".
Baltar lembrou que na noite electoral das eleccións locais do pasado 22 de maio xa anunciou a posta en marcha dun grupo de traballo para estas eleccións xerais, sendo o PP de Ou a primeira provincia de España en constituir o comité de campaña.  O Presidente do PP de Ourense marcou  tres retos para esta convocatoria electoral, "moi difíciles pero sólo ao alcance do PP de Ourense", que serían: un goberno popular para España -cun presidente galego-, tres deputados e tres senadores populares e seguir sendo a provincia de Galicia con maior apoio ao PP.
Manuel Baltar anunciou que Mariano Rajoy visitará a provincia durante a campaña electoral e que tamén outros membros das direccións nacional e autonómica do partido participarán nos actos previstos. Deste xeito Baltar manifestou que Alberto Núñez Feijóo estará sete dos quince días de campaña na provincia, celebrándose o acto central na cidade de Ourense o día 17 de novembro, xoves, no pavillón municipal dos Remedios. O Presidente do PP de G estará tamén en A Rúa e O Barco de Valdeorras (día 4), Celanova (día 5), O Carballiño (día 6), Xinzo e Verín (día 8), Ourense cidade (días 9 e 17) e Ribadavia (día 12).
O Presidente do PP de Ourense avanzou que será unha campaña limpa, con propostas e falando de futuro, pensando nos cidadáns como eixo das políticas públicas, adicando os quince días a difundir as mensaxes e propostas do programa popular, un documento que será aprobado no comité executivo nacional do PP que se celebrará este luns día 31 en Santiago de Compostela e no que tamén participará Manuel Baltar.

Suscíbete:
Redes Sociales: