Noticias
Blog
O Bipartito volve a postergar a presencia do director de obra de Montealegre
Novamente, e xa van 15 días, o Grupo Municipal do Partido Popular continúa agardando pola comparecencia do director de obra do presunto Xardín Botánico de Montealegre, Francisco Rodríguez Castalleda, en xunta de área de Medio Ambiente, Vivenda, Peris e Aris.
Dende hai dúas semanas, os concelleiros populares veñen solicitando tanto por Rexistro como nas propias xuntas de área, a presencia do técnico responsable na citada reunión, co fin de coñecer de primeira man a situación actual de Montealegre (unidades de obra executadas e pendentes de executar, das actuacións que se van levar a cabo para a subsanación de defectos detectados e prazos previstos de fin de obra). Na xunta de área desta mañá, os concelleiros populares presentes na mesma, Odilo Masid e Guillermo Collarte, volveron a quedar sin resposta para as múltiples preguntas que tiñan pensado facer, como por exemplo o número de veces que o director de obra visitou este proxecto ( para o cal ten un contrato de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde e dirección de execución por un importe de 54.000 €, máis 8.640 € en concepto de IVE, dando un total de 62.640)., a obra feita e a que queda por facer, ou se o proxecto estaba en condicións de ser inaugurado o pasado 10 de xuño. Tamén falta por saber quen sufragará o coste dos desperfectos acumulados dende a citada data de inauguración oficial, xa que a obra continúa sen estar recibida por parte do Concello.
Os concelleiros populares, Odilo Masid e Guillermo Collarte, manifestaron durante a xuntanza desta mañá que estarían plenamente dispostos a manter o encontro co director de obra en función da axenda deste técnico, estando á súa disposición para reunirse na hora e data que considere oportuno se é que o xoves que vén volve a ter "problemas de axenda" para asistir á xunta de área. Esta proposta dos concelleiros populares foi aceptada por unanimidade de tódolos membros desta reunión.








